A Alliance to End Plastic Wate (AEPW) (en galego, Alianza para acabar cos residuos plásticos) é unha organización sen fins lucrativos con sede en Singapur.
Historia En novembro de 2019 o grupo creou o programa Renew Oceans (en galego, Renovar os océanos) para retirar plástico no río Ganxes, na India. En outubro de 2020 o programa deixou de operar, en parte debido aos desafíos presentados pola pandemia do COVID-19.
AEPW prometeu en 2020 gastar 1 500 millóns de dólares estadounidenses antes de 2024 para reducir a contaminación por plástico e aumentar os esforzos na reciclaxe. En setembro de 2020 o grupo informou ter gastado 400 millóns de dólares en proxectos no Sueste asiático, África e a India.
O grupo foi criticado por promover unha redución dos residuos plásticos en troques dunha redución da produción de plástico. Ademais, o obxectivo de reciclar 15 millóns de toneladas é só o 0,8% dos 1 800 millóns de toneladas da produción de residuos plásticos, e a reciclaxe real de residuos plásticos entre 2019 e 2021 foi só de 400 000 toneladas, comparado co obxectivo de 9 millóns de toneladas en 3 anos.
En 2022, o grupo xuntouse coa empresa canadense Plastic Bank para lanzar Ocean Steward Educational Programme (en galego, Programa educativo de axudantes do océano) co obxectivo de animar aos nenos a traer os residuos plásticos que teñen na casa a grupos de recolección de plástico na escola.
Membros e colaboración Os membros fundadores inclúen a BASF, Chevron Phillips Chemical, ExxonMobil, Dow Chemical, Mitsubishi Chemical Holdings, Procter & Gamble e Shell.
A Alliance to End Plastic Wastes está formada por arredor de 80 organizacións, incluíndo a algunhas empresas entre as principais do mundo nos sectores químico, plástico, bens de consumo e xestión de residuos. Os membros comprométense a investir os seus recursos, coñecemento e habilidades para avanzar na misión do grupo. Outros membros notábeis da AEPW son Suez e Veolia.
A AEPW traballa co Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sustentábel como socio estratéxico e co Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. O grupo foi amplamente criticado como unha iniciativa de baño verde que non acadou obxectivos ambiciosos para a limpeza de plástico e que utiliza o seu poder para evitar a regulación dos plásticos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xestión de residuos Ligazóns externas Sitio oficial (en inglés)
Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións ecoloxistas