Andrej Karpathy, nado o 23 de outubro de 1986, é un informático eslovaco - canadense que foi director de intelixencia artificial e piloto automático en Tesla. Foi cofundador e traballou anteriormente en OpenAI, onde se especializou en deep learning e visión artificial.
Traxectoria Foi o autor e o instrutor principal do primeiro curso de deep learning en Stanford, 231n: Convolutional Neural Networks for Visual Recognition. Converteuse nunha das clases máis concorridas de Stanford, pasando de 150 estudantes en 2015 a 750 en 2017.
Karpathy é membro fundador do grupo de investigación de intelixencia artificial OpenAI, onde foi investigador científico de 2015 a 2017. En xuño de 2017 converteuse en director de intelixencia artificial de Tesla e respondía ante Elon Musk. Foi nomeado un dos Innovators Under 35 de 2020 pola MIT Technology Review. Despois de tomarse un período sabático de varios meses en Tesla, anunciou que deixaba a empresa en xullo de 2022. En febreiro de 2023, realizou vídeos de YouTube sobre como crear redes neurais artificiais.
O 9 de febreiro de 2023 informouse de que Karpathy anunciara o seu regreso a OpenAI.
Un ano despois, o 13 de febreiro de 2024, un portavoz de OpenAI confirmou que Karpathy deixara OpenAI. Ese mesmo ano, foi nomeado unha das 100 persoas máis influentes da IA pola revista Time.
O 16 de xullo de 2024, Karpathy anunciou na súa conta de X que creara unha nova empresa de educación en IA chamada Eureka Labs. O seu primeiro produto foi o curso de IA, LLM101n. Tamén ten unha iniciativa educativa máis ampla, a serie Zero to Hero sobre os fundamentos do LLM. A empresa tamén defende os asistentes de ensino en IA, un concepto que foi criticado debido a preocupacións sobre a privacidade dos datos e á eliminación da conexión persoal entre profesor e alumno.
En febreiro de 2025, Karpathy acuñou o termo vibe conding para describir como as ferramentas de IA permiten aos afeccionados construír aplicacións e sitios web, simplemente escribindo indicacións.
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Tesla Categoría:OpenAI Categoría:Investigadores da intelixencia artificial