En medicina, un efecto secundario é unha consecuencia que é secundaria ao efecto desexado, que pode ser de carácter terapéutico (beneficioso) ou adverso causado polo uso dun medicamento ou terapia. Aínda que o termo se emprega predominantemente para describir os efectos adversos, hai que salientar que tamén pode aplicarse ás consecuencias beneficiosas, pero non intencionadas, do uso dun medicamento. O desenvolvemento de medicamentos é un proceso complicado, porque non hai dúas persoas exactamente iguais, e pode ocorrer que medicamentos que practicamente non teñen efectos secundarios para a maioría das persoas teñan máis complicacións para algúns outros individuos. Ademais, é difícil facer un medicamento que se dirixa a unha parte do corpo sen afectar outras partes,Why do side effects occur? - i-base e pode aumentar o risco de efectos secundarios nas partes ás que non ía dirixido. As medicinas de herboristería ou tradicionais tamén poden ter efectos secundarios.

En ocasións, recéitanse medicamentos ou realízanse procedementos especificamente polos seus efectos secundarios; neste caso, dito efecto secundario deixa de ser propiamente un efecto secundario, porque agora é un efecto desexado. Por exemplo, os raios X utilizáronse historicamente (e tamén actualmente) como unha técnica de imaxe; o descubrimento da súa capacidade oncolítica levou a utilizalos como radioterapia antitumoral.

Definición Todo medicamento produce máis dun efecto. Todos os medicamentos producen o seu efecto intencional, o efecto terapéutico, xunto con outros efectos. Os usos terapéuticos de calquera medicamento coñécense como a indicación do medicamento.

Un efecto secundario xorde como consecuencia da acción principal, mais non forma parte inherente dela, por exemplo, a hipopotasemia que aparece no curso do tratamento con certos diuréticos.

As persoas maiores de 60 anos son máis propensas a sufrir os efectos secundarios dos medicamentos, e o médico adoita axustar as doses para evitalo.

Distinción de termos Un efecto secundario diferénciase dos efectos adversos en que moitos dos efectos secundarios son coñecidos e esperados e, normalmente, son relativamente leves e non poñen en perigo a vida. Algúns efectos secundarios poden previrse, os efectos adversos non. Por exemplo, tomar metformina pode provocar diarrea e distensión abdominal en moitos pacientes, que son efectos secundarios esperados que non obrigan a abandonar a medicación. Fármacos coñecidos, cuxa eficacia depende da dose, teñen efectos secundarios que diminúen frecuentemente en intensidade co uso continuado da medicación. Os efectos secundarios son máis molestos que nocivos. A boca seca e a sedación que producen algúns antihistamínicos son outro exemplo diso.

Os efectos adversos tamén son efectos non desexados, mais comprenden eventos inesperados que adoitan implicar riscos graves para o paciente, incluso a morte. Dentro destes efectos adversos nocivos está a diarrea persistente, vómitos ou alteracións do sistema nervioso central, como confusión mental; ou poden producir trastornos que afectan o funcionamento de órganos vitais, como o fígado ou o ril, cando se usan en tratamentos prolongados. A redución da dose ou cambiar a un medicamento alterno a miúdo prevén ou reduce ao mínimo estas consecuencias daniñas. Estes efectos adversos inducen aos xestores da sanidade dos países a retirar o fármaco do mercado.

Tamén debe considerarse que se a redución da dose fai desaparecer ou diminuír os efectos secundarios, pero a costa dunha perda de eficacia do fármaco, deberá cambiarse de medicación.

Outros termos diferenciais Reacción paradoxal. Son reaccións adversas que ocorren ao tomarmos un medicamento para unha doenza e provocan o efecto contrario ao que se procuraba. Por exemplo, unha alerxia por tomar un antialérxico.

Reacción idiosincrásica: É unha reacción xeneticamente determinada que se caracteriza pola resposta «anormal», cualitativa ou cuantitativa, que certos individuos teñen a un fármaco, mesmo se é administrado a doses pequenas. En sentido estrito, as reaccións inmunolóxicas pertencen a este grupo, pero este termo utilízase máis comunmente para designar as reaccións provocadas pola dotación encimática particular dun individuo.

Frecuencia de efectos secundarios A probabilidade de experimentar efectos secundarios clasifícase como:

Moi frecuentes, ≥1⁄10 dos casos en que se tomou a medicación Comúns (frecuentes), 1⁄10 a 1⁄100 Pouco frecuentes, 1⁄100 a 1⁄1000 Raros, 1⁄1000 a 1⁄10000 Moi raros, <1⁄10000

Por tanto, se un medicamento ten varios efectos secundarios indicados como "raros" ou "moi raros", xeralmente é pouco preocupante, pola súa infrecuencia, para a maioría dos pacientes (agás casos concretos, segundo as súas doenzas ou condicións), pero os efectos indicados como "comúns" é máis probable que os noten moitos pacientes. A Comisión Europea recomenda que a lista debería conter só efectos nos que hai "polo menos unha posibilidade razoable" de que sexan causados polo fármaco e a frecuencia "debería representar a taxa de incidencia bruta (e non diferenzas ou riscos relativos calculados fronte a un placebo ou outro comparador)". A frecuencia describe o frecuente que é que aparezan os síntomas despois de tomar o fármaco, sen asumir que estes foron causados necesariamente polo fármaco. Ás veces tanto algúns sanitarios coma o público leigo interpretan mal a frecuencia dos efectos secundarios describíndoos como un incremento de frecuencia causado polo fármaco.

Ás veces, os efectos secundarios poden ser benéficos e na maioría dos casos tales efectos acaban converténdose no uso principal. Cando isto ocorre, as autoridades sanitarias poden aprobar un reposicionamiento.

Efectos secundarios terapéuticos Reposicionamento de fármacos En farmacoterapia denomínase reposicionamento ao proceso de retirar dunha categoría terapéutica un medicamento que foi deseñado para unha afección, pero un efecto secundario provocou que se cambie a unha categoría diferente. O sildenafilo (Viagra) estudouse para utilizalo como fármaco antihipertensivo, despois reposicionouse para ser aproveitado na terapia da disfunción eréctil. Ás veces só hai un cambio de forma farmacéutica para aproveitar o efecto secundario, como sucedeu co minoxidil, un potente vasodilatador, no cal o seu efecto secundario motivou a súa recategorización como medicamento contra a perda de cabelo en forma de loción ou solución tópica. Existe evidencia acumulada que mostra que os inhibidores de quinases como Dabrafenib, Vemurafenib, Sorafenib, Pazopanib e Ponatinib, usados para o tratamento do cancro, tamén mostran actividade antinecroptótica. As evidencias indican que algúns destes fármacos contra o cancro tamén afectan negativamente á sinalización da necroptose. Isto implica que algunhas terapias contra o canro poden reutilizarse para outras patoloxías, por exemplo en doenzas isquémicas ou inflamatorias.

Hoxe en día para facer reposicionamento de fármacos para enfermidades raras poden utilizarse modelos computadorizados.

Exemplos de efectos secundarios terapéuticos miniatura|354x354px|Posibles efectos secundarios da nicotina. O bevacizumab (Avastin), que se utiliza para diminuír o crecemento dos vasos sanguíneos, usouse contra a dexeneración macular relacionada coa idade, así como contra o edema macular de enfermidades como a retinopatía diabética e a oclusión da vea central da retina. Demostoruse experimentalmente que a buprenorfina (1982–1995), que se utilizaba no tratamento da adicción á morfina, era eficaz contra a depresión grave e refractaria. O bupropión (Wellbutrin), un antidepresivo, tamén se usa como axuda para deixar de fumar; esta indicación aprobouse máis tarde, e o nome do produto para deixar de fumar é Zyban.   A carbamazepina é un tratamento aprobado para o trastorno bipolar e as convulsións epilépticas, pero ten efectos secundarios útiles para tratar o trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), a esquizofrenia, a síndrome do membro fantasma, o trastorno por dor extrema paroxística, a neuromiotonía e o trastorno por estrés postraumático.Mood Stabilizers for Bipolar Disorder (Manic Depressive) . Leeheymd.com (2003-08-01). Consultado o 2011-08-17. Dexametasona e betametasona (para problemas reumáticos) usouse no parto prematuro, para mellorar a maduración pulmonar do feto. A doxepina (antidepresivo) utilizouse para tratar o anxiodema e as reaccións alérxicas graves debido aos seus fortes propiedades antihistamínicas. A gabapentina, aprobada para o tratamento das convulsións e a neuralxia postherpética en adultos, ten efectos secundarios que son útiles para tratar o trastorno bipolar, o tremor esencial, os sufocoss, a profilaxe das migrañas, as síndromes de dor neuropática, a síndrome do membro fantasma e a síndrome de pernas inquietas.Off-label Use of Gabapentin , Idaho Drug Utilization Review, folleto edcucativo, 2004. A hidroxizina, un antihistamínico, tamén se usa como ansiolítico.   O sulfato de magnesio (sales de baño) úsase en obstetricia para o traballo de parto prematuro e preeclampsia. O metotrexato (MTX), aprobado para o tratamento do coriocarcinoma, úsase con fecuencia para o tratamento médico dun embarazo ectópico non roto. A medicación co ISRS sertralina está aprobada como un antidepresivo, pero retarda a exaculación masculina e, por tanto, pode administrarse a persoas con exaculación precoz. O sildenafilo foi orixinariamente destinado ao tratamento da hipertensión pulmonar; posteriormente, descubriuse que tamén produce ereccións, para as cales se comercializou posteriormente (Viagra).   A terazosina, un antagonista adrenérxico α1 aprobado para tratar a hiperplasia prostática benigna (próstata agrandada) e a hipertensión, úsase (un de varios medicamentos) de forma non autorizada para tratar a diaforese e hiperhidrose inducida por fármacos (suoración excesiva).

Efectos secundarios adversos En medicina, un efecto adverso é un efecto daniño non desexado que resulta do uso dun medicamento ou outra intervención, como unha cirurxía.

Un efecto adverso pode denominarse "efecto secundario", cando se considera secundario a un efecto principal ou terapéutico. Se resulta dunha dosificación ou procedemento inadecuado ou incorrecto, isto denomínase erro médico e non unha complicación. Os efectos adversos ás veces denomínanse "iatroxénicos" porque se xeran por un médico/tratamento. Algúns efectos adversos ocorren só ao comenzar, aumentar ou suspender un tratamento.

O uso dun medicamento ou outra intervención médica que este contraindicada pode aumentar o risco de efectos adversos. Os efectos adversos poden causar complicacións dunha enfermidade ou procedemento e afectar negativamente ao seu prognóstico. Tamén poden levar ao incumprimento dun réxime de tratamento. Os efectos adversos do tratamento médico provocaron 142.000 mortes en 2013, en comparación con 94.000 mortes en 1990 en todo o mundo.​GBD 2013 Mortality and Causes of Death, Collaborators (17 de deciembro de 2014). «Global, regional, and national age-sex specific all-cause and cause-specific mortality for 240 causes of death, 1990–2013: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2013». Lancet 385 (9963): 117-71. PMC 4340604. . doi:10.1016/S0140-6736(14)61682-2.

O resultado prexudicial adoita estar indicado por algún resultado como a morbilidade, a mortalidade, a alteración do peso corporal, os niveis de encimas, a perda da función ou como un cambio patolóxico detectado a nivel microscópico, macroscópico ou fisiolóxico. Tamén pode estar indicado por síntomas referidos por un paciente. Os efectos adversos poden causar un cambio reversible ou irreversible, incluído un aumento ou diminución da susceptibilidade do individuo a outros produtos químicos, alimentos ou procedementos, como as interaccións con outros medicamentos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos