O distrito de Bergstraße (en alemán, Kreis Bergstraße) é un dos 21 distritos do Estado federado de Hessen. Os 21 distritos son resultado da última reorganización do territorio aprobada no primeiro de agosto 1979, tras revertir a proposta da creación dunha macro-cidade bautizada como Lahn resultado da fusión de Gießen e Wetzlar, tras unha moi intensa oposición popular o cambio revertiuse e fixouse na actual división.. Bergstraße atópase no extremo suroeste do estado e está formado por dez cidades, doce concellos e a área non incorporada de Michelbuch. O distrito de Bergstraße pertence ás rexións metropolitanas transfronteirizas de Frankfurt/Rhein-Main e Rhein-Neckar. Ademais, a designación "Kreis Bergstraße" é de uso xeral, de acordo coa denominación oficial da administración do distrito.

Xeografía miniatura|Bidueiros no brañal "Rotes Wasser von Olfen" Reserva Natural no distrito de Bergstraße

O distrito está situado ao longo das vertentes occidentais das montañas Odenwald, no sur de Hesse, Alemaña. O seu punto máis alto é o Melibokus, un outeiro de 517 metros preto de Zwingenberg. O distrito recibe o seu nome da histórica Bergstraße ("Estrada da Montaña"), unha ruta panorámica de 80 quilómetros que vai desde Darmstadt ata Wiesloch, sendo a súa sección norte a que percorre este distrito. Destaca que no distrito de Bergstraße aínda existen brañas activas. Estas atópanse baixo unha protección especial, por exemplo, como zona ZEC (Zona Especial de Conservación):

"Rotes Wasser von Olfen" A Auga Vermella de Olfen, entre Wald-Michelbach-Affolterbach e Oberzent-Olfen A Braña de Schannenbach, en Lautertal O Val de Schmerbach, en Fürth e Hammelbach

Aínda que as brañas son comunmente consideradas "mortas", son moi importantes para o medio ambiente. Estes ecosistemas únicos son hábitats e refuxios para moitas especies ameazadas e actúan como filtros e zonas de retención no ciclo hidrolóxico da paisaxe. Son inmensamente importantes para a protección do clima: aínda que as brañas só representan o tres por cento da superficie terrestre mundial, almacenan o dobre de dióxido de carbono que todos os bosques do mundo xuntos. Por tanto, a súa preservación é esencial.

Para a protección do clima no distrito de Bergstraße, débese garantir por lei que as brañas e os solos de tipo brañego sexan abastecidos con auga suficiente.

Vilas e concellos miniatura|dereita|400px|Vilas e concellos do distrito de Bergstraße. Poboación entre paréntese (segundo datos do 24 de outubro de 2025). Vilas

Bensheim (41 580) Bürstadt (17 663) Heppenheim (Bergstraße) (27 919) Hirschhorn (Neckar) (3 452) Lampertheim (32 307) Lindenfels (5 276) Lorsch (14 355) Neckarsteinach (3 884) Viernheim (34 172) Zwingenberg (7 264)Concellos Abtsteinach Biblis Birkenau Einhausen Fürth Gorxheimertal Grasellenbach Groß-Rohrheim Lautertal (Odenwald) Mörlenbach Rimbach Wald-Michelbach

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hessen

Categoría:Hessen