Facundo González Molino, nado en Montevideo o 6 de xuño de 2003, é un futbolista uruguaio, que xoga de defensa central no Racing de Santander, da Segunda División, cedido pola Juventus de Turín. Formou parte da selección uruguaia sub-20 que gañou o Mundial sub-20 de 2023 e foi convocado pola selección absoluta do Uruguai.

Traxectoria Asentado na provincia de Barcelona dende os catro anos, xogou ao fútbol nas canteiras do Vista Alegre de Castelldefels e do Valencia. Realizou a pretemporada 2022/23 co primeiro equipo valenciano, ás ordes do adestrador Gennaro Gattuso. e o 8 de agosto de 2023 anunciouse oficialmente a súa fichaxe pola Juventus de Turín. Despois de adestrar unhas semanas coa Juve, foi cedido á Sampdoria para gañar experiencia na tempada 2023/24.

Debutou na Serie B o 24 de setembro, cando o adestrador Andrea Pirlo o fixo ingresar nos minutos finais dun partido ante o Parma.

Tras 30 partidos coa Sampdoria, en xullo de 2024 regresou á Juventus, pero a finais de agosto volveu saír cedido, desta vez ao Feyenoord dos Países Baixos.

Notas

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 2003 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Xogadores do Racing de Santander