miniatura|Ficha de Buchenwald asinada Isaías Galán Rodríguez, nado en Fornelos (O Bolo) o 10 de xullo de 1909 e finado en Neu-Stassfurt o 5 de decembro de 1944, foi un deportado galego ós campos de concentración nazis.
Traxectoria Emigrou a Francia antes do comezo da guerra civil española xunto coa súa muller, onde traballou como leñador en Caisnes (Oise). A súa esposa regresou para dar a luz a España namestres el permaneceu en Francia.
Trala caída de Francia no decurso da segunda guerra mundial foi prendido o 27 de xullo de 1944 polo exército alemán acusado de pertencer á Resistencia, por axudar supostamente os exiliados españois fuxidos a Francia, e enviado ó campo de internamento de Compiègne-Royallieu.
Foi deportado ó campo de concentración de Buchenwald desde Compiègne o 17 de agosto de 1944 xunto a outros 1 255 prisioneiros, dezaoito deles españois, dos que pereceron 471. O 13 de setembro foi trasladado ó campo de concentración de Neu-Stassfurt, onde pereceu durante a construción dunha fábrica subterránea o 5 de decembro de 1944, por insuficiencia cardíaca e pneumonía segundo o rexistro oficial.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados no Bolo Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Francia