A Banda de Música Unión Musical de Mougás é unha agrupación musical con sede na parroquia de Mougás, no concello de Oia. Fundada en 1880, nunca detivo a súa andaina nin por guerras, nin emigración nin pandemias.

Historia Segundo a tradición, a Banda de Música de Mougás data de 1880. Foi o seu fundador José Fernández Durán (alias "Labrador") quen se xuntou con outros cinco músicos cos seus respectivos instrumentos: Un clarinete de 13 chaves, unha gaita galega, un cornetín, un bombardino e unha batería. Todos tocaban de oído.

Anos máis tarde, arredor de 1920 faríase cargo da banda Baldomero Domínguez, quen como carecía de coñecementos musicais emigrou a Arxentina durante 3 anos para volver xa ben formado. Á súa volta atoparíase con que o posto de director ocupábao agora o madrileño Agustín Valls, quen formou parte da Banda Militar de Alabarderos. Cando Valls abandonou a banda, chegou por fin o momento de Baldomero Domínguez de ocupar ese cargo arredor de 1930.

Trala morte de Baldomero en 1947, sería Ventura González, natural de Baiona quen dirixiría a banda ata que volveu a súa vila para dirixir a nova banda de Baiona.

En 1950 sería Alsirio Fernández o que dirixiría durante corenta anos ata a súa morte. O seu sustituto, José Marino González, en 1990 foi temporal, ata a chegada de Gabriel Rodríguez, actual director e antigo músico da banda, durante a celebración de Santa Cecilia, cedéndolle a batuta.

Notas

Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Oia