A dilución é o proceso de diminución da concentración dun soluto nunha solución, que normalmente se produce mesturándoo con máis solvente, xeralmente engadindo máis auga á solución. Para diluír unha solución cómpre engadir máis solvente sen a adición de máis soluto. A solución resultante está perfectamente mesturada, para asegurarse de que todas as partes da solución son idénticas. LibreTexts Chemistry 11.4: Dilutions and Concentrations
A mesma relación directa aplícase a gases e vapores diluídos no aire por exemplo. Aínda que a mestura completa dos gases e vapores non é tan fácil de realizar.
Por exemplo, se hai 10 gramos de sal (o soluto) disoltos nun litro de auga (o solvente), esta solución ten unha certa concentración de sal medida como molaridade. Se se adiciona 1 litro de auga máis a esta disolución, a concentración de sal redúcese. A solución diluída segue contendo 10 gramos de sal (0,171 moles de NaCl).
Matematicamente esta relación pode expresarse con esta ecuación:Quansys Biosciences Dilutions: Explanations and Examples of Common Methods
onde
c1 = concentración inicial ou molaridade inicial V1 = volume inicial c2 = concentración final ou molaridade final V2 = volume final ....
Ecuación de purga de habitación básica A ecuación de purga de habitación básica utilízase en hixiene industrial. Determina o tempo necesario para reducir unha concentración existente de vapor coñecida nun espazo pechado (a "habitación") a unha concentración de vapor menor. A ecuación só pode aplicarse cando o volume purgado de vapor ou gas é substituído por aire ou gas "limpo". Por exemplo, a ecuación pode utilizarse para calcular o tempo necesario a unha determinada velocidade de ventilación para reducir unha alta concentración de monóxido de caarbono nunha habitación.Sampling and IH Chemistry Air Sampling Formulas and Solutions.
Ás veces a ecuación tamén se escribe así:
onde
Dt = tempo necesario; a unidade de tempo usada é a mesma que a usada para Q V = volume de aire ou gas do espazo pechado ou habitación en metros cúbicos ou litros Q = velocidade de ventilación de entrada ou saída da habitación en metros cúbicos por hora ou litros por segundo Cinitial = a concentración inicial dun vapor dentro da habitación medida en ppm Cfinal = concentración final reducida do vapor dentro da habitación en ppm
Ecuación da dilución de ventilación A ecuación de purga de habitación básica pode usarse só para casos de purga. Nun caso no que se evapora continuamente un líquido dun contedor nunha habitación ventilada, debe utilizarse unha ecuación diferencial:
onde a velocidade de ventilación debe axustarse por un factor de mestura K:
C = concentration dun gas G = velocidade de xeración V = volume da habitación Q′ = velocidade de ventilación axustada do volume
Dilución en soldadura A dilución en soldaduras defínese como o peso do fundido de metal base dividido polo peso total do metal de soldadura. Por exemplo, se temos unha dilución de 0,40, a fracción do metal de soldadura que vén do eléctrodo consumible é 0,60.Welding Process Articles. Importance of Dilution in Dissimilar metal welding and calculations of weld metal compositions.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas http://pubs.acs.org/doi/abs/10.1021/ja01320a004 Calculador da dilución sinxelo
Categoría:Solucións