DX é unha novela xuvenil de ficción científica en lingua galega de Eli Ríos, publicada por Urco Editora en 2018.

Argumento DX ambiéntase na Coruña fronteiriza entre 2029 e 2030, onde se instalou DX, empresa pioneira na biotecnoloxía e na investigación médica. Morgan e André traballan en DX en cargos ben diferentes e inician unha relación sentimental xusto antes de que estale unha epidemia de ton apocalíptico, convertendo o relato nun xeito de survival horror moi habitual nos videoxogos e no cinema.

Personaxes principais Morgan, quen traballa no eido da investigación en DX. André, quen traballa no servizo de limpeza en DX.

Temáticas Temas abordados na obra: deconstrución de xénero, relacións igualitarias e consensuadas, capitalismo, terror no cotián, dicotomía entre amor e sexo, distopía tecnolóxica, apocalipse zombi.

Linguaxe É salientable o uso coidadoso, ao longo do relato, dunha linguaxe neutra que permite xogar coa ambigüidade en canto ao xénero e sexo das persoas que protagonizan a historia, Morgan e André, servindo como exemplo de literatura en lingua galega que emprega unha linguaxe deconstruída e inclusiva.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presentación do libro (en Youtube)

Categoría:Novelas en galego

Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras literarias de 2018