O partido xudicial de Ponteareas é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial núm. 1 da provincia de Pontevedra.

Abrangue os concellos de Arbo, A Caniza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

A cabeza de partido, e polo tanto sede das institucións xudiciais, é Ponteareas. O enderezo do partido sitúase na avenida de Galicia da localidade. Ponteareas conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia

Ponteareas Categoría:Ponteareas