Octavio Arias González, nado en Vilar (Donís, Cervantes) o 17 de maio de 1917 e finado en Gusen o 15 de febreiro de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Emigrou a Cataluña, asentándose en Vilademuls, na comarca de Pla de l'Estany. Trala conclusión da guerra civil española exiliouse en Francia. Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 27 de xaneiro de 1941, finalmente foi trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 15 de febreiro de 1942.

Recoñecementos A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica colocou no concello de Cervantes unha Stolperstein na súa memoria, así como en recordo de Jesús López Digón, Manuel Fernández Fernández, José Fernández Santín, José Fernández Pérez e Jesús Méndez López, todos eles orixinarios deste municipio e vítimas do franquismo e o réxime nazi.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña