O partido xudicial do Carballiño é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial núm. 7 da provincia de Ourense.

Abrangue as localidades de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

A cabeza de partido, e polo tanto sede das institucións xudiciais, é O Carballiño. O enderezo do partido atópase na praza do Parque da localidade. O Carballiño conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia

Carballiño, O Categoría:O Carballiño