O partido xudicial de Ribadavia é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial núm. 2 da provincia de Ourense.
Abrangue as localidades da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva e Ribadavia.
A cabeza de partido, e polo tanto sede das institucións xudiciais, é Ribadavia. O enderezo do partido atópase na praza Maior da localidade. Ribadavia conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia
Ribadavia Categoría:Ribadavia