O partido xudicial de Verín é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial núm. 5 da provincia de Ourense.
Abrangue as localidades de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, O Riós, Verín e Vilardevós.
A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Verín. O enderezo do partido atópase na rúa irmáns Moreno da localidade. Verín conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia
Verín Categoría:Verín