O distrito do Alto Taunus (en alemán, Hochtaunuskreis) é un dos 21 distritos do Estado federado de Hessen (Alemaña). Os 21 distritos son resultado da última reorganización do territorio aprobada no primeiro de agosto 1979, tras reverter a proposta da creación dunha macro-cidade bautizada como Lahn resultado da fusión de Gießen e Wetzlar, tras unha moi intensa oposición popular o cambio reverteuse e fixouse na actual división. O distrito limita, comezando polo noroeste e en sentido horario, co distrito de Limburg-Weilburg, o distrito de Lahn-Dill, o distrito de Wetterau, coa cidade independente de Frankfurt e cos distritos de Main-Taunus e Rheingau-Taunus.

Economía miniatura|Ximnasio de luxo e clube privado David Lloyd en Bad Homburg, o primeiro da marca aberto en Alemaña. Outubro de 2025. O distrito do Alto Taunus é coñecido pola súa poboación, considerada en xeral como adiñeirada. No ano 2021, o Alto Taunus presentou o terceiro índice de poder adquisitivo máis alto de todos os distritos rurais e urbanos alemáns. En 2023, o índice de poder adquisitivo foi do 138,7 % da media federal. As cidades de Königstein im Taunus (índice de poder adquisitivo: 194,0) e Kronberg im Taunus (172,8) tiveron no 2023 as rendas per cápita máis altas do Alto Taunus e ocupan hoxe en día postos de liderado a nivel federal. O Hochtaunuskreis é coñecido principalmente como unha zona residencial de luxo para quen traballa en Frankfurt, a súa base económica é sorprendentemente sólida e está dominada por un sector: a industria química e farmacéutica. Esta é a industria que xera o maior volume de negocio no distrito, superando con creces a outros sectores importantes como o de servizos financeiros ou a tecnoloxía.

O piar fundamental desta industria é a presenza da empresa Fresenius GmbH, cuxa sede central para Alemaña atópase en Bad Homburg. Fresenius, un dos grupos farmacéuticos máis grandes do mundo, ten na súa sede do Alto Taunus o centro clave para investigación, desenvolvemento, marketing e vendas. Sanofi-Aventis Deutschland GmbH reportou uns ingresos de aproximadamente 4.100 millóns de euros en 2022 (o último ano con datos publicados de forma definitiva. A facturación xerada por esta soa empresa e o seu ecosistema de subcontratación e servizos asociados é colosal, situando ao distrito no mapa global do sector farmacéutico.

Máis aló de Fresenius, o distrito acolle unha densa rede de empresas de biotecnoloxía, empresas emergentes (start-ups) en ciencias da saúde e compañías que fornecen servizos especializados ás farmacéuticas.

Vilas e concellos

Poboación entre paréntese (segundo datos do 27 de outubro de 2025). Vilas

Bad Homburg vor der Höhe (51 768) Friedrichsdorf (24 370) Königstein im Taunus (15 764) Kronberg im Taunus (17 641) Neu-Anspach (14 913) Oberursel (Taunus) (43 309) Steinbach (Taunus) (9 898) Usingen (13 289)

Concellos

Glashütten Grävenwiesbach Schmitten Wehrheim Weilrod

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hessen

Categoría:Hessen