Anna Christina de Osório Nobre, coñecido como Doutora Kia Nobre, nada en Río de Xaneiro o 22 de febreiro de 1963, é unha neurocientífica brasileira, distinguida polas súas investigacións en ciencia cognitiva. Especializada no estudo dos sistemas neuronais e a función que desempeñan na percepción, amais de descubrir os mecanismos fundamentais proactivos e dinámicos investiga como evolucionan estes mecanismos ao longo da vida e como se ven alterados en trastornos psiquiátricos e en enfermidades neurodexenerativas. Anna Christina Nobre é unha das científicas con maior recoñecemento dentro do ámbito académico da comunidade neurocientífica. Catedrática de neurociencia cognitiva na Universidade de Oxford, dirixe o Centro da Actividade Cerebral Humana de Oxford e o Laboratorio de Cerebro e Cognición. Pioneira no uso de técnicas non invasivas para o estudo da mente (psicofísica, seguimento ocular e realidade virtual con técnicas non invasivas innovadoras e complementarias para a imaxe e estimulación do cerebro humano como a magnetoencefalografía e electroencefalografía, resonancia magnética funcional e estimulación cerebral), as súas conclusións tiveron importantes repercusións dentro da filosofía da mente e da psicoloxía. https://centros.edu.xunta.gal/ieschamosolamas/aulavirtual/pluginfile.php/25687/mod_resource/content/1/kia__nobre_bio.pdf Proyecto Disertia da Xunta de Galicia (en español)
Traxectoria Kia Nobre creceu en Río de Xaneiro, Brasil. Cando era nena, viviu dous anos en Nova York, onde o seu pai estudaba estudos de posgrao. Na súa etapa adulta, tras finalizar unha formación na Escola Americana do Rio de Janeiro (EARJ), decide mudarse aos Estados Unidos para cursar a licenciatura en neurociencia no Williams College, en Massachusetts. Para continuar acadando un doutoramento Ph.D. (1992) na Universidade de Yale, polas súas investigacións en electrofisioloxía intracraneal non-invasiva en humanos.
Despois de realizar as súas estadas de posdoutoramento na Harvard Medical School e na Northwestern University, traballou na Universidade de Oxford desde 1996. Foi a primeira muller en ser profesora de ciencias no New College de Oxford. Alí converteuse nunha líder dos equipos de investigación e pasou a dirixir durante anos o Oxford Centre for Human Brain Activity (OHBA). Estando tamén á fronte do Departamento de Psicoloxía Experimental.
En 2023, a profesora Nobre volveu á Universidade de Yale. Agora dirixe o Center for Neurocognition and Behavior no Instituto Wu Tsai. Axuda a xestionar un centro especializado chamado BrainWorks, que conta con ferramentas avanzadas para estudar o cerebro humano. Tamén planifica programas para compartir o coñecemento da neurociencia con outras disciplinas e co público en xeral.
Nobre é unha pensadora citada en estudos modernos sobre filosofía da información:
Recoñecementos
Premio Broadbent da Sociedade Europea de Psicoloxía Cognitiva (2019) Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos (2020) Premio C.L. de Carvalho-Heineken para as Ciencias Cognitivas (2022) Premio Fred Kavli a Traxectorias Distinguidas (2024) Membro da Academia Americana de Artes e Ciencias (2024) Distinción a toda unha carreira do Fred Kavli Distinguished Career Contributions Award (2024)
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Científicos do Brasil