Henry Auguste Jules Patey, coñecido como Auguste Patey, nado en París o 9 de setembro de 1855 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1930, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas francés, que exerceu o cargo de gravador xeral de moedas de Francia entre 1896 e 1930.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Auguste Patey naceu en París o 9 de setembro de 1855, fillo de Marie Rose Bonne Delaporte e do escultor en pedra Jacques Jerome Exavier Patey."Henri Auguste Jules Patey (1855 - 1930)". WikiTree.com

Logo de se formar co escultor Henri Chapu,Widor, C.-M. (1930). Páxina 10. e máis tarde en gravado de medallas con Jules Clément Chaplain, en 1873 ingresou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París, onte estudou no taller de François Jouffroy.Forrer, L. (1912). Páxina 422.Mazerolle, F. (1898). Páxina 217."Auguste Patey". En Qui êtes-vous? Annuaire des contemporains; notices biographiques. G. Ruffy, París. 1924. Páxina 589."Patey, Henri Auguste Jules". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).

Traxectoria artística e profesional Logo de acadar o segundo premio en 1875, en 1881 acadou o primeiro Premio de Roma,"Grands Prix de Rome de Gravure en médailles". Grande masse des beaux-arts (Grandemasse.org). o que levou aparellada unha posterior estadía como bolseiro na Villa Médicis de Roma, entre 1882 e 1884.

En 1877 comezou a expor no Salón de París e nos anos seguintes mantívose fiel a esta cita, na que foi expondo anualmente as súas medallas e as súas obras de escultura.Forrer, L. (1930). No Salón foi premiado en varias ocasións, e na convocatoria de 1894 acadou a medalla de primeira clase; na Exposición Universal de 1889 o xurado concedeulle unha medalla de bronce, e na Exposición Universal de París de 1900 a medalla de ouro. Do mesmo xeito, durante eses anos participou coas súas medallas nos certames convocados para as principais exposicións internacionais, como as celebradas en Barcelona, Anveres, Lión, Bruxelas e Hanoi, entre outras.

miniatura|esquerda|Baixorrelevo cun retrato de Louis Pasteur (1895).Patey foi nomeado o 22 de abril de 1896 como gravador xeral de moedas de Francia,Widor, C.-M. (1930). Páxina 12. en substitución de Jean Lagrange, cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1930. Durante o seu exercicio, escolleu como marca distintiva un facho, que adoita aparecer en todas as moedas emitidas pola Monnaie de Paris durante ese período.Forrer, L. (1912). Páxina 423.

Nas moedas creadas por el utilizou a abreviatura "A. PATEY" como marca de gravador. Ademais de ser o autor de varias moedas circulantes en Francia, Patey foi autor de numerosas moedas para outros estados e territorios,Forrer, L. (1912). Páxina 428. a maioría deles de soberanía ou de influencia francesa (Camerún, as illas Comores, a illa Guadalupe, a Indochina francesa, Irán, Iugoslavia, o Líbano, Siria, Tailandia, Togo e Tunisia)."Henri-Auguste Patey". Numista.com

Ademais das moedas, Augusto Patey foi autor dun bo número de medallas e de plaquetas en bronce."Catalogue de L'Oeuvre de M. Auguste Patey". En Mazerolle, F. (1898). Páxinas 219-225.Forrer, L. (1912). Páxinas 425-428. Por outra banda, a Patey débeselle tamén a creación de diversas obras escultóricas, entre as que cabe salientar un busto de M. Henri Dubois (1877), unha estatua xacente de Mademoiselle Roty no cemiterio de Montparnasse (1895) ou un medallón dedicado a Pasteur (1896).Mazerolle, F. (1898). Páxinas 217-218.Auguste Patey foi elixido o 11 de xaneiro de 1913 como membro titular na sección de Gravado da Academia de Belas Artes, do Instituto de Francia,"Auguste Patey". Académie des beaux-arts (Academiedesbeauxarts.fr). e anteriormente fora nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra, o 15 de xuño de 1898."Patey, Henri Auguste Jules". Archives Nationales (leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).Mazerolle, F. (1898). Páxina 218.

Entre 1913 e 1926, exerceu a docencia como profesor e xefe de taller na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París.

Vida persoal Auguste Patey casou o 16 de setembro de 1898 en París con Louise Gabrielle Julie Cœur de Vache, e non se lle coñece descendencia.

Patey finou en París o 16 de maio de 1930.

Escolma de moedas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Auguste Patey". En Qui êtes-vous? Annuaire des contemporains; notices biographiques. G. Ruffy, París. 1924. Páxina 589. Forrer, L. (1912). "Patey, Henri Auguste Jules". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol V. Spink & Son, Londres. Páxinas 422-428. Forrer, L. (1930). "Patey, Henri Auguste Jules". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. VIII (Supl. 2). Spink & Son, Londres. Páxina 115. Mazerolle, F. (1898). "Auguste Patey. Biographie et catalogue de son œuvre". En Gazette numismatique française. París.Páxinas 217-225. Simon, L. et al. (1930). "Discours aux funérailles d'Auguste Patey". En Publications de l’Institut de France. N° 9. Widor, C.-M. (1930). Notice sur Auguste Patey: la gravure, la monnaie, les médailles. Institut de France, Académie des Beaux-Arts, París.

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Medallas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra