O Parque Nacional Histórico de Göreme (en turco: Göreme Tarihî Milli Parkı) é un parque nacional situado no centro de Turquía. Ocupa unha superficie de case 100 km² e está situado na provincia de Nevşehir. Declarouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985 co nome de Parque Nacional de Göreme e os Sitios Rupestre de Capadocia. O parque presenta unha paisaxe rochosa erosionada pola auga e o vento, cunha rede de antigos asentamentos subterráneos interconectados.
Descrición thumb|Rochas en forma de carpa (peribacası) preto de Çavuşin. O Parque Nacional está situado na rexión volcánica do Monte Hasan e o Monte Erciyes na Anatolia Central, nas proximidades de Ürgüp, Çavuşin e Göreme. A área do parque está formada por mesetas e outeiros altos, diseccionados por regatos e vales fluviais esculpidos pola auga, con ladeiras con forte pendente. Parte desta zona accidentada está formada por basalto e grosos leitos de toba. A toba é o resultado da cinza emitida polos volcáns hai millóns de anos, que se solidificou en rocha branda e, desde entón, foi cuberta por lava solidificada que forma unha cuberta protectora. Esta erosionouse ao longo dos milenios para formar os cantís multicolores, torres rochosas, piares, formacións rochosas en forma de carpa e chemineas de fadas presentes no parque. Aşıklar Vadisi é coñecido polas súas chemineas de fadas. Esta área experimenta precipitacións anuais de 380 mm e hai pouca vexetación agás nos corredores fluviais.
Os primeiros signos de actividade monástica en Capadocia remóntanse ao século IV cando pequenas comunidades de anacoretas, seguindo as ensinanzas de Basilio o Grande, bispo de Kayseri, comezaron a habitar as celas escavadas na rocha. Máis tarde, as comunidades refuxiáronse xuntas en aldeas subterráneas para evitar os ataques dos saqueadores árabes.
Vivendas subterráneas
A xente utilizou a rocha branda de toba para escavar vivendas subterráneas. Crese que a primeira actividade monástica en Capadocia foi no século IV cando os anacoretas comezaron a escavar celas na rocha. Para resistir aos saqueadores árabes, conectaron estas celas e crearon comunidades subterráneas, con capelas, almacéns e vivendas. Deste xeito desenvolvéronse aldeas e pequenas cidades e, no ano 842, as igrexas subterráneas estaban ricamente decoradas con pinturas de cores.
Hoxe en día, a xente non vive moi lonxe baixo terra como no pasado, cando se agochaban ou fuxían dos inimigos. Pero algunhas persoas aínda viven en vivendas en covas que se converteron en casas, cunha porta/apertura á luz do día a nivel do chan. Desafortunadamente, descubriuse que os habitantes das covas a longo prazo experimentan unha incidencia inesperadamente alta de mesotelioma, unha forma de cancro. Isto foi relacionado coa inhalación de fibras de erionita, un mineral común nas formacións de toba.
Galería
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Capadocia Ligazóns externas Parc national de Göreme et sites rupestres de Cappadoce (ficha Unesco)
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Turquía