O Koninklijke Racing Club Genk é un club de fútbol belga da cidade de Genk, na provincia de Limburgo. Trátase do resultado dunha fusión formada en 1988 cando o KFC Winterslag foi fusionado co Waterschei SV Thor, mantendo o número de rexistro 332 como KFC Winterslag. Compite na Primeira División belga.

Historia O club fundouse o 1 de xullo de 1988 pola fusión de dous clubs da cidade, o K. Waterschei S.V. Thor Genk e o K.F.C. Winterslag.

O F.C. Winterslag fundouse en 1923. Co gallo do seu 35 aniversario, cambiou o seu nome a K.F.C. Winterslag, engadindo o título de "Real" (Koninklijke).

O Waterschei's Sport Vereeniging Thor fundouse en 1919. Thor é un acrónimo de Tot Herstel Onzer Rechten (Recuperar Todos os Nosos Dereitos). Non se rexistrou na federación ata 1925. Posteriormente, tamén engadiu o título de real.

Palmarés Liga belga de fútbol: (3): 1998-99, 2001-02, 2010-11 Segunda división belga de fútbol: (1): 1975-76 Segunda división belga de fútbol (rolda final): (2): 1987, 1990 Copa belga de fútbol: (4): 1997-98, 1999-2000, 2008-09, 2012-13 Supercopa belga de fútbol: (1): 2011 1980, 1982 (Waterschei Thor)

Estatísticas por competición Actualizado coa Tempada 2021-22.

Torneo Tempadas PX PG PE PP GF GC Dif. '''Liga de Campións da UEFA 6 30 5 9 16 27 65 -38 Copa da UEFA / Liga Europa da UEFA 9 74 38 17 19 137 102 +35 Recopa de Europa da UEFA 1 6 3 3 0 16 3 +13 Copa Intertoto da UEFA 2 10 5 2 3 19 13 +6 Total 18 120 51 31 38 199 183 +16

Genk