Jean Lagrange, nado en Lión o 6 de novembro de 1831 e finado en París o 28 de outubro de 1908, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas francés, que exerceu o cargo de gravador xeral de moedas de Francia entre 1880 e 1896.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Lagrange naceu en Lión o 6 de novembro de 1831. Comezou a súa formación artística na Escola de Belas Artes de Lión da man de mestres como Victor Vibert, e logo cursou estudos na Escola Nacional Superior de Belas Artes, de París, onde ingresou o 8 de outubro de 1857.Forrer, L. (1907). Páxinas 271-272.
Carreira artística e profesional En 1861, Lagrange acadou o primeiro Premio de Roma de gravado de medalla e pedra fina, e nos anos seguintes seguiu obtendo diferentes premios coas súas medallas nos máis prestixiosos certames. A súa produción de medallas foi particularmente relevante ao longo da década de 1870.Forrer, L. (1907). Páxina 271.Entre 1880 e 1896 estivo vinculado á Casa da Moeda de París e exerceu o cargo de gravador xeral de moedas de Francia. As moedas cuñadas pola ceca parisiense durante este período amosan como sinal distintivo de Lagrange un fasces, na súa condición de gravador xeral.
A el débeselle tamén o deseño e o gravado de numerosas medallas francesas cuñadas pola Monnaie de Paris, así como dun bo número de moedas producidas nesta ceca para outros países e territorios, na maioría dos casos de influencia francesa: Abisinia —Etiopía—, Marrocos, Tunisia, illa de Reunión, Guatemala, Serbia etc."Jean Lagrange". Numista.com Destaca nestas súas creacións a primeira serie de moedas a nome de Menelik, emperador de Abisinia, emitida a partir de 1895, que amosa a forma completa do seu apelido, LARGANGE, nalgunha das súas faces a modo de marca de gravador."Menelik II. Lagrange". Numista.com Lagrange expuxera xa algunhas cuñaxes de proba destas moedas na Exposición Universal de París de 1900.
Ademais das súas medallas e moedas, Lagrange ten tamén obra como escultor.
Varias das obras de Lagrange pódense en institucións como o Museo de Luxemburgo, en París,Forrer, L. (1907). Páxina 273. ou o Museo Británico, en Londres."Jean Lagrange". The British Museum (Britishmuseum.org).
31 de decembro de 1895, cabaleiro da Lexión de Honra."Légion d'Honneur. Nº 52 106". Archives Nationales (Leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).
Vida persoal Jean Lagrange casou en 1872 con Pauline Pommera, e non consta que tivesen descendencia."Jean Lagrange (1831 - 1908)". Wikitree.com
O 28 de outubro de 1908 finou en París á idade de 76 anos."Bulletin de décès". Archives Nationales (Leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).
Escolma de moedas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Forrer, L. (1907). "Lagrange, Jean". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol III. Spink & Son, Londres. Páxinas 271-273. Forrer, L. (1924). "Lagrange, Jean". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VII (Supl. I). Spink & Son, Londres. Páxina 528.
Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris
Categoría:Nados en Lión Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Medallas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes