miniatura|250x250px|A Praza de Oriente, fronte o Palacio Real de Madrid, foi o escenario das maiores manifestacións do franquismo, tanto en vida do ditador como tras a súa morte. Franquismo sociolóxico é unha expresión utilizada para evidenciar a pervivencia de trazos sociais propios do franquismo na sociedade española posterior á morte de Francisco Franco en 1975. Algunhas fontes atribúeno a Amando de Miguel, quen nos anos 1970 era o responsábel dos informes sociolóxicos da Fundación Foessa. O termo foi utilizado especialmente durante a transición para referirse ás «bases sociais da ditadura e que englobaba a clase alta e a clase media católica, así como os traballadores e campesiños das zonas rurais conservadoras». A ese sector da poboación pretendeu representar Alianza Popular nas primeiras eleccións democráticas celebradas en xuño de 1977.

A súa existencia adóitase explicar pola represión prolongada durante os 40 anos da ditadura franquista e o medo á repetición da guerra civil española e do enfrontamento das chamadas Dúas Españas. Tamén alude á valoración positiva do papel do franquismo no crecemento que se produciu durante o chamado milagre económico (1959-1975), aínda á custa de obviar outras cuestións, como a emigración. Todo iso supuxo que un sector da sociedade española (incluídas algunhas persoas que poderían estar máis identificadas coa oposición ao franquismo) perpetuase actitudes de conservación e supervivencia, aprendidas e transmitidas xeracionalmente desde os anos 1940, como a autocensura e o sometemento voluntario e conformista á autoridade. En casos extremos podía chegar mesmo a cualificarse de servilismo e nos máis comúns identificábase coa denominada maioría silenciosa, que proporcionou ao réxime a forma máis barata, eficaz e ubicua de represión.

Franquismo sociolóxico e cultura política Canto ao exercicio do poder político, franquismo sociolóxico defínese como «a cultura política de identificación co réxime».José Reig Cruañes, La cultura política en la crisis del franquismo, capítulo 2 de Opinión pública y comunicación política en la transición democrática, tese doutoral na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Alacant, 1999. Antonio Maestre achega unha definición que supera a esfera das clases políticas: A popularidade de Franco durante a ditadura non se medía por enquisas de opinión. Porén, a lexitimidade de exercicio e o carismático da súa figura (caudillismo), así como o encadramento social masivo a través das distintas seccións do denominado Movimiento Nacional (todos eles elementos propios do fascismo), procurábanse exhibir en manifestacións multitudinarias de apoio (eufemisticamente cualificadas de espontáneas) e en esporádicas consultas populares convenientemente xestionadas para ofreceren resultados practicamente unánimes (como a Lei do Referendo Nacional e outras Leis fundamentais). Franco expresou nun dos seus últimos discursos televisados de Nadal que, no que respectaba ao futuro, todo estaba «atado e ben atado», expresión que pasou a ser un lema moi aplicado. Escrutábase calquera pista sobre o seu estado de saúde ou intencións, crípticamente expresadas: a frase «no hay mal que por bien no venga», referida ao atentado de ETA contra Luis Carrero Blanco, foi obxecto de todo tipo de especulacións sobre o seu sentido. As súas confidencias a algunha personalidade, como Vernon Walters, quen foi subdirector da CIA, na entrevista que tivo cando foi como enviado de Nixon, insinuaban que confiaba que a evolución política da maioría da sociedade española non rompería co seu legado: O cambio de réxime a partir de 1975 fixo que os elementos máis nostálxicos quedasen restrinxidos a unha extrema dereita que non chegou a ter representación parlamentaria en 1977. Só obtivo un diputado, Blas Piñar, por Fuerza Nueva nas segundas eleccións xerais en 1979. A dereita, representada polos franquistas denominados aperturistas (Alianza Popular), procuraba manter un equilibrio entre a necesidade de conectar con esa maioría social (Manuel Fraga cualificouna máis tarde de «maioría natural») e a pretensión de non mostrar demasiadas conexións co pasado, con moi pouco éxito electoral. A maioría social optou nas urnas nos anos 70 e 80 por partidos de centro (a UCD de Adolfo Suárez) ou esquerda (PSOE).Juan Carlos García Noreña. «La refundación del PSOE en Asturias », La Nueva España, 4 de febreiro de 2008.

A continuidade de elementos herdados do franquismo estaba presente no propio sistema político. O debate entre Reforma ou Ruptura solucionouse cunha reforma pactada a través do consenso constitucional. Os partidos de esquerdas foron conscientes de que a súa debilidade facía inviábel a ruptura, mentres que a partir de 1976 o rei Xoán Carlos I (designado por Franco como sucesor en 1969) e o seu equipo de confianza (fundamentalmente Torcuato Fernández-Miranda e Adolfo Suárez) levaron a cabo a reforma ideada. Quedaron marxinados do proceso tanto os inmobilistas como os aperturistas máis coñecidos (Manuel Fraga ou José María de Areilza). Este grao de democracia logrado é cuestionado por algúns autores, como Armando López Salinas, ao considerar que se realizou unha reforma controlada, nun sentido similar ao que Giuseppe Tomasi di Lampedusa aplicou á Unificación Italiana na súa obra Il gattopardo: «as clases dominantes necesitan cambiar algo para que todo siga igual».

Con Franco viviamos mellor O día seguinte da morte de Franco, Gonzalo Fernández de la Mora, exministro franquista e ideólogo dos «tecnócratas» inmobilistas, publicou un artigo moi eloxioso sobre a súa figura. Coincidía coa imaxe que proxectara a propaganda franquista en vida do Caudillo e que penetrara nunha parte da poboación, ademais de ser compartida polas «familias do franquismo»:

Unha proba da pervivencia deste «sentimento franquista» nun segmento amplo da poboación foi, entre outras cousas, o grande éxito editorial das novelas satíricas de Fernando Vizcaíno Casas. Expresaba puntos de vista identificábeis co lema Con Franco viviamos mellor, moi popular na época. Aínda en 2007, no contexto dos debates pola Lei de Memoria Histórica, unha gran parte da sociedade e da clase política seguía mostrando resistencia a condenar o franquismo:

Identificados co franquismo quedaron os denominados valores tradicionais: a patria, a relixión e a familia.Aquilino Duque Franquismo sociológico, en Libertad Digital, 18/03/2005. De algunha manera utilízase como sinónimo de conservadorismo, patriarcado, tradicionalismo, apoliticismoAnguita, Julio e Andrade Blanco, Juan; "Atraco a la memoria. Un recorrido histórico por la vida política de Julio Anguita" p.119 ou autoritarismo, todos ellos fenómenos de moi ampla extensión temporal, anteriores ao propio Franco. Mesmo hai quen fai unha inversión de causa e consecuencia entre Franco e un franquismo sociolóxico preexistente:

Tamén quedou identificado co franquismo o estruturalismo (crecemento económico expeditivo e con poucos escrúpulos):

Ao escritor Manuel Vázquez Montalbán atribúeselle unha frase derivada desta: Contra Franco viviamos mellor.

Isto con Franco non pasaba Outra frase que perdura na sociedade é Isto con Franco non pasaba. Xurdiu nun inicio para censurar comportamentos fóra do marcado pola moral católica que apareceron pouco despois da morte do ditador, como o destape ou a movida madrileña.

A día de hoxe soamente utilízase de forma retórica, para remarcar a ironía de que, vivindo agora nunha democracia liberal, foron eliminadas algunhas liberdades que se permitían no réxime franquista, como fumar en lugares públicos ou acender grelladas no monte ou a praia. O mesmo para criticar problemas da sociedade actual que eran en comparación menos graves na época franquista, como a carestía da vivenda, e o consecuente atraso na emancipación dos mozos.Un bar de Santander recuerda que con Franco se podía fumar… - Minuto Digital

A «síndrome da Moncloa» miniatura|250x250px|O Palacio da Moncloa é a sede da Presidencia do Goberno desde que Adolfo Suárez decidiu trasladala dende a súa localización tradicional, no número 3 do Paseo da Castellana. O illamento que se lle atribúe á nova localización, nun palacio que, pola súa situación ao noroeste da capital, lembraba a residencia de Franco no Palacio de El Pardo, foi reflectida na expresión síndrome da Moncloa. Esta enténdese como un afastamento da realidade que afectaría todos os sucesivos presidentes.Gaspar Llamazares defíneo, nunha pregunta parlamentaria de control ao goberno (Congreso dos Diputados, mércores, 12 de setembro de 2007) como aquela síndrome que afecta, fundamentalmente, a percepción da realidade. O Goberno percibe a realidade como unha realidade triunfalista, á marxe do real e mesmo á marxe da memoria. Raúl del Pozo e Alberto Rojas, no artigo El fantasma de la Moncloa (El Mundo, 9 de marzo de 2003), citan diversas opinións sobre a síndrome, unha delas do historiador Julio Valdeón Baruque: Estou convencido de que Aznar está afectado pola síndrome da Moncloa, como o estiveron Suárez e González antes ca el. José Luis Barbería, nun artigo sobre Zapatero define a síndrome da Moncloa como tendencia á megalomanía e ao illamento que, polo visto, leva a afastarse da realidade e a pensar que a xente non aprecia suficientemente os desvelos e méritos do líder (El País, 25 de xullo de 2010). Adóitase sinalar como herdanza do pasado franquista o acusado personalismo dos gobernantes (Adolfo Suárez, Felipe González, José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy ou Pedro Sánchez) xunto ao extraordinario peso que o goberno ten sobre o parlamento. De feito, aínda que a Constitución de 1978 non pode cualificarse de presidencialista, os poderes que reserva ao presidente do goberno son moi amplos. Doutra banda, a investidura do presidente sempre se produciu sen demasiados problemas (comparados con outras democracias parlamentarias), agás a XI lexislatura (investidura fracasada de Pedro Sánchez) e a XII lexislatura (investidura difícil de Mariano Rajoy). Os mandatos presidenciais foron estábeis (salvo algún feito excepcional, como o intento de golpe de estado do 23-F de 1981) e prolongados (salvo o de Leopoldo Calvo-Sotelo, froito daquela circunstancia). Até 2019 nunca se recorreu aos gobernos de coalición. O sistema político aproxímase bastante a un bipartidismo, aínda que no século XXI apareceron novos partidos de ámbito nacional con representación parlamentaria, como Cidadáns, Podemos e Vox. Este trazo en concreto non sempre se interpreta necesariamente como algo que produza consecuencias negativas inevitábeis, nin sequera desde unha perspectiva progresista.

Ver tamén

Alianza Popular Proceso de Burgos Transición española Ultradereita

Notas

Bibliografía

Categoría:Franquismo Categoría:Historia de España do século XX