Bertrand Marchais, nado en Bordeos o 4 de setembro de 1837 e finado o 4 de decembro de 1913, foi un medallista e gravador de moedas francés, que exerceu o cargo de gravador xeral de moedas de Francia de xeito interino entre 1870 e 1871.

Traxectoria Coñécense poucos datos acerca deste gravador, nado en Bordeos o 4 de setembro de 1837. Os datos do Rexistro Civil apuntan ademais a que casou en 1867 e foi pai de dúas fillas, nadas respectivamente en 1869 e 1871, e logo de enviuvar en 1877, casou en segundas nupcias en 1878.Sikner, f.; Storz, J. B. (2018). "Les 2 francs et 5 francs Céres sans légende à la monnaie de Bordeaux. Mais qui est M. Marchais ?". En Bulletin Numismatique. Novembro. Páxinas 30-31.

miniatura|esquerda|5 francos de 1871. No exergo do reverso apréciase o "K" como marca de ceca de Bordeos e, á súa dereita, o "M" inscrito nunha estrela de seis puntas, a modo de marca de gravador de Bertrand Marchais.|281x281px

Todos os documentos do Rexistro Civil relativos a el posteriores a 1867 fan mención da súa profesión de gravador. En 1870 encargouse da produción dos cuños das moedas de 5 e de 2 francos deseñadas por Eugène André Oudiné e emitidas pola Casa da Moeda de Bordeos durante o asedio de París, que aparecen marcados coa inicial do seu apelido "M", a modo de marca de gravador.Forrer, L. (1909).

Entre o 4 de outubro de 1870 e o 23 de xuño de 1871 exerceu de xeito interino como gravador xeral de moedas de Francia en Bordeos, e escolleu como o seu sinal distintivo a letra M inserida nunha estrela de seis puntas."2 francs Cérès IIIe République, sans légende". Numista.com"5 francs Cérès Gouvernement de Défense nationale, sans légende". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Forrer, L. (1909). "Marchais". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol IV. Spink & Son, Londres. Páxina 560.

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en 1837 Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Finados en 1913 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes