Ramón Silveira, tamén coñecido como Ramón Silveyra, nado en Ourense en 1896, foi un obreiro e militante anarquista na Arxentina. A súa vida estivo marcada pola súa participación en conflitos laborais, a condena por un atentado con bomba en 1921 e dúas fugas de prisión que o converteron nunha figura lendaria dentro do movemento ácrata rioplatense. Traxectoria Primeiros anos e emigración Silveyra emigrou desde Galicia a Buenos Aires en 1916. En Arxentina traballou en diversos oficios: carniceiro, carrero, obreiro nos talleres Vasena, repartidor do café Paulista e panadeiro.
Activismo e condena Implicado moi pronto nas loitas proletarias. Durante a Semana Tráxica de xaneiro de 1919, intentou deter un carro con alimentos custodiado pola policía e resultou ferido nunha perna.
O 5 de abril de 1921 puxo unha bomba na fábrica de fideos Agustín Allende, situada na rúa Estados Unidos 1840, en apoio a unha folga do Sindicato de Fideeros. A explosión causou a morte accidental de Modesta D. de Calvo, unha veciña de 24 anos que se encontraba na beirarrúa de enfronte.Quesada, Fernando. Ramón Silveyra, el que se fugó dos veces. En: Todo es historia, Año 3, nro 30 (1969), pp. 72-86, Buenos Aires. Citado en: Leonardo Calabresi (2024). «Ramón Silveyra – Libertarios eran los de antes (1.ª parte)». Tormenta de Humo. Spotify. Foi condenado como autor material a 20 anos de prisión.
Primeira fuga e fuxida a Uruguai
miniatura|O subcomisario Buzzo e o auxiliar Zabala entregando a Ramón Silveyra na Penitenciaria Nacional logo de que se profugara.
O 11 de marzo de 1923 fuxiu da Penitenciaría Nacional de Sierra Chica. A operación foi organizada polo destacado militante anarquista e secretario do Comité Pro Presos Sociales, Miguel Arcángel Roscigna, quen “preparou os medios da primeira fuga do panadeiro Ramón Silveyra, condenado a 20 anos de prisión, e tamén os da segunda”, no que o historiador Osvaldo Bayer cualificou como “dous sucesos verdadeiramente espectaculares” que revelaban “un verdadeiro talento organizativo”.Bayer, Osvaldo. Los anarquistas expropiadores. Booklet, Buenos Aires, 2008. Sobre o método da súa primeira fuga existen dúas versións. Segundo Fernando Quesada. Silveyra logrou escapar disfrazado con roupa civil que lle introduciran no cárcere, aproveitando o balbordo das visitas para saír pola porta principal despois de presentar unha tarxeta de control. Outra versión, narrada pola militante anarquista Salvadora Medina Honrubia no seu libro Mil claveles colorados, sostén que Silveyra saíu do brazo dunha compañeira, vestido cun abrigo e anteollos negros, aproveitando un momento de distracción dos gardiáns. Excepto esas pequenas diferenzas, ambas versións coinciden en que Silveyra fuxiu saíndo pola porta principal.
O semanario anarquista La Antorcha festexou o suceso con estas palabras:“Toda vez que nos es dado contemplar, ante una jaula vacía, la irritada sorpresa del burlado poseedor, nos sentimos alegrados, como si el libre aleteo del pájaro y sus gorjeos alegres tocaran nuestro corazón. (…)
Y cuando no es la puerta de una jaula, sino la de la celda de una cárcel la que se abre, y no un pájaro, sino un hombre el que alienta libre fuera de sus rejas, desborda de gozos nuestro corazón. Así estamos ahora, porque este es el caso. Ramón Silveyra, un compañero nuestro, condenado a 20 años de prisión por la Ley Social, se ha evadido de la cárcel el domingo último. La celda que lo retuvo prisionero está vacía; y sobre la mentada seguridad de la cárcel muequea la burla hiriente de la huida. (…)
Jaulas vacías, celdas abiertas, alegría del corazón”. O director de investigacións, comisario Eduardo Santiago —definido por Osvaldo Bayer como un "gran amigo de Yrigoyen e vello inimigo dos anarquistas"—, ordenou ao xefe de Orden Social, unha división especializada na loita contra o anarquismo, que se encargara da persecución de Silveyra. O auxiliar Fidel Zavala foi enviado pola Policía da Capital Federal a Uruguai, na busca do prófugo.
Recaptura e protestas contra a súa extradición Silveyra foi recapturado en Carmelo, Uruguai, dez días despois de ter fuxido. A posibilidade da súa extradición a Arxentina xerou polémicas en torno a se os delitos dos que se lle acusaba eran delitos "comúns" ou "políticos". Distintos grupos anarquistas de Arxentina e Uruguai —así como doutros países— realizaron protestas opoñéndose á súa extradición. O periódico anarquista Trabajo, editado en Montevideo, advertiu na súa edición do 14 de abril de 1923: “La justicia histórica, al servicio de los bastardos intereses de los capitalistas, tiene en sus velludas manos de fiera, la libertad de uno de nuestros mejores camaradas, Ramón Silveyra.
(...) ¿No está en el ánimo de los propios jueces que han de entregar a Silveyra a sus enemigos la certidumbre casi de que se sacrifica un inocente? ¿No conocen la falta absoluta de pruebas contra el acusado?
(...) Y aun admitiendo que los encargados de administrar la ‘justicia’ en este país, ignoraran todo esto, ¿no salta a la vista del más miope, que el hecho que motivó la condena de nuestro compañero Silveyra es de aquellos que, por su naturaleza, no pueden menos que clasificarse entre los hechos políticos y sociales, ya que ellos son determinados no por móviles particulares del individuo que los ejecuta, sino por móviles colectivos, en la lucha encarnizada sostenida por interés antagónicos dentro de la sociedad en que vivimos?” Tiveron que pasar varios meses ata que Uruguai aceptou o pedido de extradición do Estado arxentino. Finalmente aconteceu o 5 de xuño de 1923, cando o Tribunal de Apelacións de Uruguai, presidido por Alfredo Furriol, fallou a favor da extradición. Unha semana despois, un buque de guerra da Armada Arxentina atracou no puerto de Montevideo e, no marco dun operativo con medidas excepcionais de seguridade, Silveyra foi levado a Arxentina.miniatura|Ramón Silveyra ao ser extraditado desde Uruguai a Arxentina en xuño de 1923. Despois do seu regreso, foi trasladado á Penitenciaría Nacional da Avenida Las Heras na cidade de Buenos Aires, onde compartiu cela co bandido rural puntano Marcos Vallejos a partir de fins de xuño de 1923. miniatura|Fotografía de Ramón Silveyra publicada na revista Caras y Caretas, n° 1300, 01/09/1923
Segunda fuga e desaparición O 23 de agosto dese mesmo ano, Silveyra fuxiu por segunda vez xunto con trece compañeiros de prisión a través dun túnel escavado desde o taller de escobería.
Algunhas fontes sinalan que o plan de escape foi posto en marcha meses antes da chegada de Silveyra á Penitenciaría Nacional, mentres que outras atribúen a Silveyra e a Marcos Vallejos, destacando a participación na planificación de Miguel Arcángel Roscigna. miniatura|Ilustración sobre a fuga da Penitenciaría Nacional. Publicada na revista Caras y Caretas, n° 1300, 01/09/1923 Desde o semanario anarquista La Antorcha, celebraron a noticia desta forma:¿Qué hemos de decir, a las tres semanas de su segunda evasión, que no sea a destiempo? ¿Y para qué subrayar, con nuestras palabras, la ironía de la huída que muequea sobre la cárcel, si tan cruda la hace ya su repetición en tan corto tiempo? Sólo queremos saber que nuestro compañero está otra vez en libertad; sólo deseamos poder decir esta semana y la otra, este mes y el que le sigue, este año y el que vendrá, ahora y siempre, que Silveyra sigue en libertad. Y esto no necesita ser cantado en letras; le basta con alegrar los corazones. Antes de desaparecer, enviou o seu gorro de presidiario ao diario Crítica, con instrucións de entregalo ao inspector Santiago, xefe de Investigacións, nun xesto simbólico de desafío.
Crese que despois desta fuga refuxiouse na Patagonia, onde permaneceu varios meses antes de esfumarse definitivamente do rexistro histórico.
A fuga dos 14 foi un golpe a nivel institucional que derivou na remoción dos directores da Penitenciaría Nacional de Avenida Las Heras e a intervención doutras Penitenciarías.
Legado Silveyra é recordado como unha figura emblemática do anarquismo obreiro galego na Arxentina. A súa historia, vinculada a redes de solidariedade ácrata transnacionais e a figuras como Roscigna, foi recuperada en relatos xornalísticos, podcasts e estudos históricos sobre a represión e a resistencia no Río de la Plata.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bayer, Osvaldo. Los anarquistas expropiadores. Booklet, Buenos Aires, 2008. Quesada, Fernando. Ramón Silveyra, el que se fugó dos veces. En: Todo es historia, Año 3, nro 30 (1969), pp. 72-86, Buenos Aires Outros artigos
Miguel Arcángel Roscigna
Ligazóns externas
Caras y Caretas, N°1300, 1° de septiembre de 1923, Buenos Aires. Disponible en el sitio web de la Hemeroteca Nacional de la Biblioteca Nacional de España: http://hemerotecadigital.bne.es/hd/es/results?id=8e299911-7a24-481d-b737-3671aa84b2bb
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en ano descoñecido