Serafín Díaz Regueiro, nado na Coruña probablemente en 1934, e falecido o 3 de novembro de 2025 en Cabanas, foi un mariñeiro, capitán marítimo e inspector naval galego, coñecido por ser un dos últimos homes que pisaron o buque Prestige.
Traxectoria Serafín Díaz foi mariñeiro de profesión. Máis tarde ascendeu a cargos de responsabilidade na administración marítima. Desenvolveu a súa carreira na Coruña, onde traballaba como inspector marítimo na altura de 2002, cando se produciu o accidente do petroleiro Prestige, un buque que acabou por causar, logo dunha serie de decisións políticas e técnicas, unha catástrofe ambiental nas costas galegas.
Como inspector, subiu a bordo do buque antes do seu afundimento e foi testemuña chave no proceso xudicial posterior. O 14 de novembro de 2002 foi a primeira persoa da Administración en subir abordo co obxectivo de inspeccionar o estado do buque accidentado, tentar poñer en marcha as máquinas e avaliar opcións técnicas para afastalo da costa. O 18 de novembro, catro días máis tarde, foi unha das últimas persoas en abandonar o barco antes do afundimento definitivo. Tan só uns meses despois do accidente, en febreiro de 2023, foi nomeado Capitán Marítimo da Coruña. Declarou como testemuña no xuízo do Prestige.
Notas
Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 2025 Categoría:Mariñeiros Categoría:Nados na Coruña