Marcos André de Sousa Mendonça, nado en São Luís do Maranhão o 20 de outubro de 1996, é un futbolista brasileiro que xoga como dianteiro no Real Valladolid, da Segunda División.
Traxectoria Nado en São Luís, criouse en Coroatá. Xogou ao fútbol nas canteiras do Sobradinho, o Araguaína e o Guaratinguetá. En marzo de 2015 foi posto a proba polo Celta de Vigo e foi contratado para o equipo filial.
En outubro de 2015 foi cedido ao Ordes, da Terceira División, e na seguinte xogou tamén cedido na UD Logroñés B, chegando a debutar co primeiro equipo.
En xullo de 2017 ampliouse por dous anos máis a súa cesión ao club, xa como xogador do primeiro conxunto da UD Logroñés. Titular habitual, marcou 11 goles na tempada 2017(18 e 10 na 2018/19, na que o club perdeu o ascenso na promoción.
Valladolid O 23 de xullo de 2019 asinou un contrato de catro anos co Real Valladolid, sendo asignado ao Valladolid Promesas, da Segunda B. O 30 de agosto foi cedido ao Mirandés, da Segunda División.
Debutou na categoría de prata o 31 de agosto de 2019, substituíndo a Mario Barco nunha derrota por 2-0 contra o Numancia. Marcou o seu primeiro gol na segunda división o 29 de setembro, ante o Deportivo da Coruña, e rematou a tempada con 12 goles na súa conta persoal.
Ao regresar da súa cesión, foi ascendido ao primeiro equipo, da Primeira División, debutando na categoría o 3 de outubro de 2020 contra o Eibar. Na súa segunda aparición, o 8 de novembro, marcou o segundo gol do seu equipo nunha vitoria por 2-1 na casa contra o Athletic de Bilbao.
Valencia O 25 de agosto de 2021, tras o descenso do Valladolid, fichou polo Valencia. O 29 de agosto de 2023 volveu ao Valladolid, co que asinou por cinco anos. Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados no estado do Maranhão Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B