O personalismo é unha corrente filosófica que pon a énfase na importancia das persoas humanas. Existen diferentes versións desta escola, o que dificulta a súa definición unificada como movemento filosófico e teolóxico. O primeiro uso escrito do termo data de 1799, e débese ao hermeneuta alemán Friedrich Schleiermacher. Porén, o concepto pode atoparse en autores anteriores de diversas procedencias.
Autores e escolas Nikolai Berdiaev Nikolai Berdiaev (1874-1948) foi un filósofo da política e da relixión ruso que salientou a liberdade humana, a subxectividade e a creatividade.
Emmanuel Mounier O filósofo francés Emmanuel Mounier (1905-1950) foi un dos principais promotores do personalismo, fundador da revista Esprit, aínda en publicación. Na súa concepción, o personalismo presentábase como unha alternativa tanto ao liberalismo como ao marxismo que respecta os dereitos humanos e a personalidade sen caer nun colectivismo excesivo. Neste sentido, por exemplo, a revista Esprit, baixo a dirección de Jean-Marie Domenach, criticou as torturas durante a guerra de independencia de Alxeria. O personalismo de Mounier tivo unha importante pegada en Francia, incluso en movementos políticos como a Liga da Xove República, fundada en 1912.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filosofía da Idade Contemporánea