Gerard Hugh Sayer, máis coñecido polo seu nome artístico Leo Sayer, nado en Shoreham-by-Sea (Sussex, Inglaterra) o 21 de maio de 1948, é un cantante e compositor británico de soft rock e disco galardoado cun Premio Grammy.

Traxectoria

Comezou a súa carreira nos anos 60 en bandas de limitada repercusión coma os The Terra-Cotta ou The Paradox. Ata que en 1967 o afamado cantante inglés Adam Faith decide representalo e promover a súa carreira. Nun dos seus primeiros éxitos, "Long Tall Glasses (I Can’t Dance)", a crítica compárao co vodevil-rock asociado a Elton John daquela, co uso de disfraces durante a interpretación e un pop suave.

No ano 1976 publica Endless Flight, do que, en primeiro lugar, se extraeu o seu single de música disco "You Make Me Feel Like Dancing". Con el consegiu un número 1 no Reino Unido e un complexo logro na industria cun número 2 nos EE. UU. A canción foi premiada cun Premio Grammy a comezos de 1977, como Premio Grammy á mellor canción Rhythm and blues.

Destaca no ano 1980 o outro grande éxito global, empregando un maduro toque de Blue-eyed soul en : "More Than I Can Say"..

Discografía

Silverbird (1973) Just a Boy (1974) Another Year (1975) Endless Flight (1976) Thunder in My Heart (1977) Leo Sayer (1978) The Very Best of Leo Sayer (1979) Here (1979) Living in a Fantasy (1980) A Night To Remember (Live at Earl's Court) (1981) World Radio (1981) Have You Ever Been in Love (1983) Cool Touch (1990) All the Best (1993) The Definitive Hits Collection (1999)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Easy to Love, éxito de Sayer de 1978 en youtube

Categoría:Cantantes do Reino Unido Categoría:Compositores do Reino Unido Categoría:Nados en 1948