O tipranavir (TPV), ou tipranavir disodio, é un inhibidor da protease non peptídico fabricado pola compañía Boehringer Ingelheim co nome comercial Aptivus. Adminístrouse xunto co ritonavir na terapia combinada para tratar a infección por VIH, pero xa non se recomenda comunmente como tratamento contra o VIH.National Institutes of Health. Clinical info. HIV.gov. Medicamentos:Tipranavir
O tipranavir ten a capacidade de inhibir a replicación de virus que son resistentes a outros inhibidores da protease e recoméndase para pacientes que son resistentes a outros tratamentos. A resistencia ao propio tipranavir paece requirir múltiples mutacións. O tipranavir foi aprobado pola FDA norteamericana o 22 de xuño de 2005 e foi aprobado para uso pediátrico o 24 de xuño de 2008.
O tipranavir só debería tomarse en combinación co ritonavir e outros fármacos antirretrovirais, e non está aprobado para pacientes que non recibiron anteriormente tratamento para esa condición. Igual que o lopinavir e o atazanavir, é moi potente e efectivo na terapia de salvamento para pacientes con resistencia a fármacos. Porén, os efectos secundarios do tipranavir poden ser máis graves que os doutros antirretrovirais. Algúns destes efectos secundarios son: hemorraxia intracranial, hepatite, descompensación hepática, hiperglicemia e diabetes mellitus. Tamén causa un incremento no colesterol total e triglicéridos.
O prospecto de Aptivus ten un cadro de advertencia sobre a súa hepatotoxicidade e a posibilidade de hemorraxias intracraniais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Pironas Categoría:Inhibidores do citocromo P450 Categoría:Dihidropiranos Categoría:Hepatotoxinas Categoría:Inhibidores das proteases Categoría:Organofluoruros Categoría:Piridinas disubstituídas Categoría:Sulfonamidas