Raffaella Petrini, nada en Roma o 15 de xaneiro de 1969, é unha relixiosa católica italiana, que exerce como presidenta da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano desde marzo de 2025. Anteriormente foi secretaria xeral de dito órgano entre 2021 e 2025. É a primeira muller en ocupar ambos cargos, dous dos de maior rango no goberno. É membro das Irmás Franciscanas da Eucaristía.
Traxectoria Nacida en Roma o 15 de xaneiro de 1969, licenciouse en Ciencia política pola Libera Università Internazionale degli Studi Sociali (LUISS) de Roma. Despois estudou na Barney School of Business da Universidade de Hartford (Connecticut), onde obtivo un mestrado en comportamento organizacional en 2001. Ingresou na Universidade Pontificia de Santo Tomé de Aquino (Angelicum) en 2008, onde obtivo unha licenciatura en 2011 e un doutoramento en 2014. Posteriormente foi nomeada profesora alí e impartiu cursos de Economía do benestar e Socioloxía dos procesos económicos.
De 2005 a 2021, traballou no na Congregación para a Evanxelización dos Pobos. O 4 de novembro de 2021, o Papa Francisco nomeouna secretaria xeral da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano, converténdose na primeira muller en ocupar o cargo. O 13 de xullo de 2022, o Papa Francisco nomeou por primeira vez mulleres como membros do Dicasterio para os Bispos, incluíndo a Petrini, Yvonne Reungoat e María Lía Zervino.
O 15 de febreiro de 2025, o Papa Francisco nomeou a Petrini presidenta da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano, con efecto a partir do 1 de marzo. É a primeira muller en ocupar este cargo. A súa autoridade foi suspendida por lei tras o falecemento do Papa Francisco en abril de 2025. O sucesor deste, o Papa León XIV, confirmou o cargo de Petrini o 9 de maio, o día seguinte de asumir o liderado da Igrexa.
Notas
Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1969 Categoría:Relixiosos católicos de Italia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Presidentes do Goberno da Cidade do Vaticano