C/2025 A6 (Lemmon) é un cometa non periódico descuberto polo sistema de vixilancia do Monte Lemmon en imaxes do 3 xaneiro de 2025. Tivo a súa máxima aproximación á Terra o 21 de outubro de 2025 e é visíbel ao ollo nu. O 3 de novembro de 2025 tiña unha magnitude aparente 4,3, sendo visíbel a ollo nu e con prismáticos na constelación de Ophiuchus preto do grupo globular Messier 12.

Historia observacional

Descubrimento C/2025 A6 (Lemmon) foi descuberto como un obxecto asteroidal cunha magnitude aparente de arredor de 21,5 no Monte Lemmon en imaxe do 3 de xaneiro de 2025 cando estaba a 4,5 UA desde o Sol. Máis tarde foi atopado en imaxes de PanSTARRS do 12 de novembro de 2024. A observación amosou unha coma moi condensada, de 2,2 segundos de arco de extensión. Unha cola curta, de dous segundos de arco de lonxitude, atopouse en imaxes do 21 de febreiro de 2025.http://www.cbat.eps.harvard.edu/iau/cbet/005500/CBET005508.txt

Ó descubrirse, esperouse unha magnitude aparente de só 10, elevando logo as expectativas a 3,5 (unhas 400 veces máis brillante que o esperado de xeito inicial).

Aproximándose ó perihelio dereita|miniatura|O cometa o 17 de setembro de 2025 dereita|miniatura|Montaxe do seu movemento con imaxes de outubro de 2025, amosando un período de 55 minutos. A cola pode ser vista sinalando cara fóra desde o Sol.

Tras quedar oculto polo resplandor solar en xuño e xullo (tivo a conxunción solar o 2 de xullo de 2025), o cometa volveu a ser visible no ceo da mañá de xeito significativamente máis brillante do previsto. O 12 de agosto amosaba unha coma de un minuto de arco de extensión e unha magnitude aparente de 13,9. O 19 de agosto, a 1,7 UA do Sol, a súa magnitude total (núcleo+coma) estimouse en 11, pero o cometa non amosou unha coma obvia. A partir de 25 de agosto fíxose visible unha débil e curta coma, sendo imprevisible a súa evolución posterior.

Características físicas dereita|miniatura|Preto do seu punto máis brillante, o 30 de outubro de 2025 Entre o 15 de setembro e o 12 de outubro de 2025, observacións desde o observatorio do Teide revelou un grande aumento de substancias emanadas dende o núcleo do cometa.

O espectro da parte central da coma de C/2025 A6 (Lemmon) foi tomado co espectrógrafo Échelle de FLECHAS no Observatorio Universitario de Jena o 13 e o 18 de outubro de 2025. No rango de lonxitude de onda entre 4500 e 7000 Å foron detectadas varias características de emisión espectral, incluídos C2, [OI], NH2, e Na sendo estes os máis prominentes. A larbura equivalente das liñas de emisión D1 e D2 do Na aumentaron significativamente entre as dúas observacións, mentres a distancia helicéntrica baixaba de 0,79 a 0,71 UA.

Órbita miniatura|dereita|Animación de C/2025 A6 ao redor de Sol arredor do seu perihelio.

O cometa ten un período orbital duns 1350 anos, indicando un anterior perihelio na segunda metade do século VII. O 8 de novembro de 2025 terá lugar o perihelio a unha distancia de 0,53 UA (79 millóns de km) do Sol. Este paso polo perihelio reducirá o período orbital a uns 1155 anos. Durante a aparición de 2025, o cometa aproximouse á Terra a unha distancia de 0,596 UA (89,2 Mkm), o 21 de outubro de 2025. Tamén aproximouse a Xúpiter a unha distancia de 2,33 UA o 16 de abril de 2025.

Notas

Véxase tamén Outros artigos C/2024 G3 (ATLAS) C/2025 R2 (CISNE) C/2025 A1 (Leonard)

Ligazóns externas

HDR Astrophotography: Comet simulacros de colas por Nicolas Lefaudeux Vídeo de telescopio intelixente de C/2025 A6 (Lemmon) ó seu paso por Gemini o 1 de Setembro de2025 Base de datos de COBS para Comet C/2025 A6 (LEMMON) Vendo mapas por Seiichi Yoshida Spectra De C/2025 A6 (Lemmon) tomado o 13 e 18 de outubro de 2025 no Observatorio Universitario de Jena NASA Astronomy Picture of the Day: Comet Lemmon Brightens (30 de setembro de 2025)

Categoría:Cometas