A escola de Sara foi unha tradición literaria éuscara que floreceu durante o século XVII arredor da localidade vascofrancesa de Sara (en ), na actual Francia. Non foi unha entidade ou escola en sentido estrito, mais un grupo de escritores unidos por uns trazos estilísticos comúns que fundaron unha corrente homoxénea dentro da literatura en lingua vasca.

A meirande parte destes autores cultivaron a poesía, aínda que tamén se conservan textos en prosa. Case todos eles eran eclesiásticos, polo que contaban cunha boa formación humanística e teolóxica e as súas obras eran relixiosas. Nesta época, gran parte da poboación era monolingüe en éuscaro; en consecuencia, para expoñer a doutrina recorrían a un éuscaro popular, evitando os latinismos de autores anteriores, coma Joanes Leizarraga.

Os membros da escola de Sara procedían do triángulo formado polas localidades de Sara, Donibane Lohizune (en ) e Ziburu (en ), na rexión histórica de Lapurdi. Entre os seus membros cabe destacar aos sacerdotes Pedro Axular e Etxeberri Ziburukoa, así como Materre, Klaberia, Hirigoyti ou Guillentena. Outros autores asociados foron Arnaud Oihenart e Juan de Tartas.

Categoría:Literatura en lingua éuscara Categoría:Literatura de Francia