miniatura|Fórmula esquelética do diisopropil fluorofosfato miniatura|Modelo de bólas e barras do diisopropil fluorofosfato O diisopropil fluorofosfato (DIFP, DFP) ou isoflurofato é un líquido aceitoso incoloro coa fórmula química C6H14FO3P. Antes empregouse para tratar o glaucoma e actualmente utilízase como un insecticida organofosforado. É estable, pero sofre hidrólise cando está en condicións húmidas.

Usos en medicina

É un fármaco parasimpaticomimético anticolinesterase irreversible e foi utilizado en oftalmoloxía como axente miótico no tratamento do glaucoma crónico, como miótico en medicina vetrinaria, e como axente experimental en neurociencia debido ás súas propiedades inhibitorias da acetilcolinesterase e súa capacidade de inducir neuropatía periférica tardía.

Usos como toxina miniatura|400px|Reacción do diisopropil fluorofosfato cunha serina protease. A toxicidade marcada dos ésteres do ácido monofluorofosfórico descubriuse en 1932, cando Willy Lange e a súa estudante de doutoramento Gerda von Krueger prepararon os ésteres metilo, etilo, n-propilo e n-butilo e accidentalmente experimentaron os seus efectos tóxicos. Outro homólogo desta serie de ésteres, o diisopropil fluorofosfato, desenvolveuno o científico británico Bernard Charles Saunders. Na súa investigación de compostos que se puidesen usar como axentes de guerra química, Saunders inspirouse polo informe de Lange e Krueger e decidiuse a preparar o novo homólogo que etiquetou como PF-3. Era moito menos efectivo como arma química que os axentes da serie G. A miúdo mesturábase co gas mostaza, formando unha mestura máis efectiva cun punto de fusión significativamente menor, resultando nun axente axeitado para o seu uso en días de tempo frío. miniatura|250px|Estrutura cristalina do complexo protease do virus Herpes Simplex/Inhibidor (DFP). A serina do sitio activo (en amarelo) sufriu fosfonilación, o que causa inhibición irreversible. Obtido de .

En investigación militar, debido ás súas semellanzas físicas e químicas e unha toxicidade comparativamente baixa, utilízase como estimulante de axentes G (GA, GB, GD e GF). O diisopropil fluorofosfato utilízase en laboratorios civís para imitar a exposición ao gas nervioso letal ou toxicidades do organofosfato. Tamén foi utilizado para desenvolver un modelo de roedores da síndrome da guerra do Golfo.

O diisopropil fluorofosfato é unha neurotoxina é moi potente. A súa LD50 en ratas é 6 mg/kg (oral). Combínase co aminoácido serina no sitio activo do encima acetilcolinesterase, un encima que desactiva o neurotransmisor acetilcolina. Os neurotransmisores son necesarios para que continúe o paso do impulso nervioso desde unha neurona a outra a través dunha sinapse. Unha vez que se transmitiu o impulso, a función da acetilcolinesterase é desactivar a acetilcolina case inmediatamente ao degradala. Se o encima é inhibido, acumúlase a acetilcolina, e os impulsos nerviosos non se poden parar, causando unha contracción prolongada. Prodúcese a parálise e pode causar a morte, xa que afecta os músculos respiratorios.

O diisopropil fluorofosfato tamén inhibe algunhas proteases. É un aditivo útil para o procedemento de illamento de proteínas ou células.

Tamén foi un gas nervioso desenvolvido polos alemáns durante a segunda guerra mundial. Únese irreversiblemente cos encimas que conteñen serina no sitio activo, por exemplo as serina proteases e a acetilcolina esterase.

Produción O isofluorofato ou diisopropil fluorofosfato, que é o éster diisopropilo do ácido fluorofosfórico, prodúcese a partir da reacción do alcohol isopropílico co tricloruro de fósforo, formando diisopropilfosfito, que é clorado e despois reacciona con fluoruro de sodio para substituír o átomo de cloro por flúor, dando así o diisopropil fluorofosfato.US patent 2409039, Hardy EE, Kosoloapoff GM, "Halogenated compounds and process for making same", emitido o 1946-10-08, assignado a Monsanto Chemical Company.

600px|Síntese.

Outra síntese que ten só interese académico é a reacción entre dous equivalentes de alcohol isopropílico e o fosforil dicloruro fluoruro.

Bioquímica O DFP é un test diagnóstico ara a presenza de serina no sitio activo en serina proteases, así como un inhibidor de serina proteases. O PMSF e AEBSF son alternativas menos tóxicas que funcionan ben coa maioría das serina proteases. Porén, só o DFP inhibe potencialmente unha subclase de serina proteases coñecidas en conxunto como serina proteases de neutrófilo (concretamente, a elastase de neutrófilo, a catepsina G e a proteinase 3). O DFP e outras neurotoxinas organofosfato análogas son inactivas polo encima paraoxonase, que está presente en moi diversos niveis en humanos.

Sociedade e cultura Comercialízase con nomes de marca como Difluorofato, Diflupil, Diflurfato, Dyflos, Dyphlos, Fluropril, Fluostigmina, Neoglaucit.

Notas

Véxase tamén Outros artigos MAFP (metoxi araquidonoilfluorofosfonato), un inhibidor relacionado no mecanismo Neopentileno fluorofosfato, un análogo cíclico Sarín (isopropil metilfosfonofluoridato), un fosfofluoridato relacionado PMSF (4-(2-aminoetil)bencenosulfonil fluoruro), un reactivo sulfonil fluoruro sulfonante análogo AEBSF (fenilmetilsulfonil fluoruro), un reactivo sulfonil fluoruro sulfonante análogo

Bibliografía

Ligazóns externas A base de datos MEROPS para peptidases e os seus inhibidores: DFP

Categoría:Inhibidores da acetilcolinesterase Categoría:Ésteres isopropilo Categoría:Neurotoxinas Categoría:Organofosfatos Categoría:Fosforofluoridatos Categoría:Insecticidas