Sabino Romero Izarra, nado no século XX e finado en Tokuko, no concello de Machiques de Perijá, Venezuela o 3 de marzo de 2013, foi un líder indíxena venezolano pertencente ao pobo yukpa e loitador polos dereitos indíxenas, asasinado en marzo de 2013.

Traxectoria Sabino Romero era cacique da comunidade de Chaktapa, fundada nos anos 1970 en terras contiguas a facendas gandeiras por indíxenas da conca alta do río Yaza da serra de Perijá, no estado Zulia e que anteriormente era a facenda Tizina, a cal ocuparon e recuperaron, alegando que estas terras lles pertencen ao pobo yukpa dende tempos ancestrais. Crese que dende entón, o conflito entre gandeiros e indíxenas foi in crescendo.

No ano 2009, o goberno de Venezuela fixo entrega de títulos de propiedade de terras aos indíxenas, por considerar que "os pobos yukpa da Serra de Perijá estivéronos esperando por moito tempo". Porén, moitas das terras outorgadas en termos de propiedade colectiva ao pobo yukpa atópanse ocupadas por facendas de gando e o goberno non honrou oportunamente a indemnización de terceiros contemplada pola Lei Orgánica de Pobos e Comunidades Indíxenas, co que o conflito entre gandeiros e indíxenas se agudizou. Existen acusacións de parte e parte en relación con roubo de gando, ameazas de morte e ocupación de terras.Cronología violenta del caso Sabino Romero . Últimas Noticias

Ademais da presenza de leiras gandeiras nestas terras, nelas déronse concesións mineiras para a explotación de carbón e outros minerais. Estas concesións a empresas transnacionais e a consorcios mixtos non se anularon como solicitaron os indíxenas e diversas organizacións ambientalistas. Sabino Romero foi un cuestionador da política mineira do estado venezolano nas súas terras ancestrais.

Morte Na noite do 3 de marzo de 2013, Romero foi asasinado ao saír dunha actividade na comunidade do Tokuko, na Serra de Perijá, municipio Machiques de Perijá do estado Zulia. A súa esposa, Lucía Martínez e un bebé recentemente nado foron feridos no incidente.Asesinaron al luchador yukpa Sabino Romero (+Video). Venezolana de Televisión.Assassination of Venezuelan Yupka Chief Sabino Romero Leads to Criticisms . MSNBC (en inglés)

Notas

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pobo yukpa Categoría:Activistas de Venezuela Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas Categoría:Asasinatos en Venezuela Categoría:Finados en 2013