10 francosLéon Gambetta"10 francs Gambetta". Numista.com130x130px130x130pxA/: Globo elevándose sobre bandeiras. Valor facial. Data. Lenda: FRATERNITÉ / ÉGALITÉ / LIBERTÉ / REPUBLIQUE FRANÇAISE.R/: Léon Gambetta de perfil cara á esquerda. Marca de gravador (ER) Lenda: LÉON GAMBETTA / 1838-1882 Período: 5ª República Francesa. Datas: 1982 Desmonetizada: 1 de xullo de 1993. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: Émilie Rousseau. Tiraxe: 3.044.511 exemplares (mais 4.000 de proba). Aliaxe: Cu 920‰, Ni 60‰, Al 20‰ Diámetro: 26,00 mm. Peso: 10,00 g. Espesor: 2,50 mm. Canto: Liso.

A moeda de 10 francos Léon Gambetta é unha moeda co valor facial de 10 francos franceses emitida en 1982 pola Monnaie de Paris para conmemorar o centenario do pasamento do ex-primeiro ministro francés Léon Gambetta.

Trátase dunha emisión conmemorativa mais con carácter circulante, e comparte a súa métrica coa moeda de 10 francos Mathieu, producida entre 1974 e 1987 para a circulación ordinaria.

É a primeiora moeda conmemorativa francesa emitida desde a introdución do "franco novo" o 1 de xaneiro de 1960.

Caracterización A composición, as características métricas e os deseños veñen fixados por un decreto do 13 de setembro de 1982."Arrêté du 13 septembre 1982 fixant les caractéristiques dune pièce commérative de 10 F". Legifrance.gouv.fr

Cuñáronse 3.044.511 exemplares desta moeda para a súa posta en circulación e, a maiores, outros 4,000 a modo de proba, coa palabra ESSAI ("proba") impresa no campo do anverso."10 francs Gambetta essai". Numista.com Así mesmo, levouse a cabo unha emisión especial da mesma moeda denominada piéfort, coas mesmas características mais co dobre de peso (20 gramos) e con maior grosor, cunha exigua tiraxe de 326 exemplares."10 francs Gambetta Piéfort cupro-nickel". Numista.com

Composición Do mesmo xeito que os 10 francos Mathieu, esta moeda cuñouse nunha aliaxe composta por cobre nun 920‰, níquel nun 60‰ e aluminio nun 20‰.

miniatura|283x283px|Léon Gambetta, cuxo busto se reproducena moeda.

Deseño O seu deseño correspóndelle ao daquela gravador xeral de moeda de Francia Émile Rousseau. O motivo principal do anverso é unha escena do globo aerostático de Gambetta emprendendo o voo sobre un conxunto de bandeiras francesas o 7 de outubro de 1870 durante o asedio de París, todo rodeado polo lema nacional de Francia, LIBERTÉ, ÉGALITÉ, FRATERNITÉ, e a lenda REPUBLIQUE FRANÇAISE, coa expresión do valor facial no centro e a data, 1982, no exergo.

Pola súa banda, o reverso está protagonizado por un retrato de perfil de Gambetta ollando cara á esquerda, xunto co seu nome, LÉON GAMBETTA, e as súas datas de nacemento e de defunción: 1838-1882. Á dereita do busto apréciase o monograma ER, a modo de marca de gravador, correspondente a Émile Rousseau.

O canto da moeda é liso.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Victor Hugo Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 10 francos Conquista do Espazo Moeda de 10 francos Montesquieu Moeda de 10 francos Roland Garros

Ligazóns externas

Cotización da moeda no mercado numismático

Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso