O códice Hagenes é un manuscrito medieval noruegués en lingua latina. Datado de comezos do século XIII, contén cancións relixiosas coñecidas como secuencias (en ), destinadas a homenaxear santos ou celebrar festividades. Dende o 2025, consérvase na Biblioteca Nacional de Noruega.

Historia Os estudos realizados sobre os materiais datan a súa creación a principios do século XIII, xa dentro do período cristián escandinavo. Xa que logo, trátase dun dos libros máis antigos da nación nórdica, xunto co Kvikne Psalter, da mesma época.

Conservouse na granxa dos Hagenes (de onde procede o seu nome), situada en Bergen, até o 2025, cando foi doado á Biblioteca Nacional de Noruega. Segundo a tradición oral familiar, a obra chegou á granxa dende un mosteiro localizado no oeste do país.

Descrición física O códice Hagenes consta de tan só oito páxinas, malia que a evidencia indica que posuía máis na súa forma orixinal. As páxinas son de pergameo realizado de becerro. Destaca pola súa cuberta de pel de foca, o que o converte nunha peza singular na tradición amanuense europea.

En mal estado de conservación, foi dixitalizado para facilitar a súa consulta por especialistas. O seu desgaste é mostra dun uso frecuente.

Contidos O texto, en latín medieval, correspóndese con sequentiae medievais, un tipo de himno musical típico de festividades en honra dalgún santo cristián. Destacan unha peza dedicada á virxe María e outra para o Día de Todos os Santos.

Polas súas peculiaridades lingüísticas, o seu autor foi un eclesiástico de probable orixe norueguesa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas The Hagenes codex and the conservation of medieval manuscripts (Biblioteca Nacional de Noruega)

Categoría:Manuscritos