Jaime Vázquez Estévez, nado en Bouzadrago (Entrimo) o 14 de outubro de 1905 e finado o 14 de maio de 1983 en Entrimo, foi un exiliado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria A primeira refererencia a Jaime Vázquez atopámola na publicación El Miliciano Gallego, onde se recolle que entregou un donativo para o Socorro Rojo Internacional, unha organización creada pola Internacional Comunista como alternativa humanitaria á Cruz Vermella.

Saíu de España polos Pireneos, cara a Francia, en febreiro de 1939. Despois de pasar polos campos de refuxiados ingresou na Compañía de Traballadores Estranxeiros número 34, sendo considerado traballador de 2ª clase. A Compagnie 34 formouse no campo da praia de Saint Cyprien, en abril de 1939. Estaba ao servizo do exército francés. Estivo destinado en: La Palud (Savoie), Col de la Madeleine, Saint Remy e Langres (departamento Haute-Marne). Na CTE Jaime rexistrouse coa profesión de tailleur de pierre, canteiro.

Capturado polos alemáns o 6 de xuño de 1940, pasou polo Frontstalag 123 en Langres (Francia), e o Stalag X-B Sandbostel, en Alemaña.

O 3 de marzo de 1942 ingresou en Mauthausen como Rotspanier, co número 3756. O 11 de marzo de 1944 trasladárono a Gusen, co número 15735, ao Kommando Desf. Gusen.

Liberado en maio de 1945 pediu a residencia en Francia, vivindo en París ata o seu regreso a súa aldea natal en 1966 , falecendo o 14 de maio de 1983. Está enterrado no cemiterio de Entrimo.

Recoñecementos O Concello de Entrimo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, organizaron un acto na praza do concello o 8 de maio de 2021 en memoria de Abilio Álvarez Bernardo, Avelino Pérez Rodríguez, Higinio Rodríguez Domínguez e Jaime Vázquez Estévez, no que se inaugurou un monólito no seu honor.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Deportación. El horror de los campos de concentración (1969). Barcelona: Federación Nacional de Deportados e Internados, Resistentes y patriotas. VV AA (2024). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París, Éditions Tirésias. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006): Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid, Ministerio de Cultura. Amat-Piniella, Joaquín (2014): K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Hernández De Miguel, Carlos (2015): Los últimos españoles de Mauthausen. Barcelona: Ediciones B

Categoría:Nados en Entrimo Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis