Un inhibidor da tripsina (IT) é unha proteína que funcións como un tipo de inhibidor de serina protease (unha serpina) que reduce a actividade biolóxica do encima tripsina ao controlar a activación e as reaccións catalíticas de proteínas. A tripsina é un encima que intervén na degradación de moitos tipos de proteínas, principalmente como parte da dixestión en seres humanos e outros animais como os monogástricos e os ruminantes xoves. As serpinas —incluíndo os inhibidores da tripsina— son inhibidores irreversibles e similares a substratos suicidas.

O inhibidor altera destrutivamente a tripsina facendo que non poida unirse a proteínas para dixerilas. NIHMSID 336639. Como resultado, os inhibidores das proteases que interfiren coa actividade dixestiva teñen un efecto antinutricional. Por tanto, os inhibidores da tipsina son considerdos un factor antinutriente. Ademais, o inhibidor da tripsina interfire parcialmente coa función da quimotripsina.

O tripsinóxeno é unha forma inactiva e precursora da tripsina. A súa forma inactiva asegura que a proteína non se activará no páncreas, o que causaría a dixestión do órgano, e só se activará no duodeno. O tripsinóxeno é un cimóxeno producido no páncreas que é activado a tripsina pola enteropeptidase no tracto intestinal. O quimotripsinóxeno e a quimotripsina teñen un comportamento similar.

A presenza do inhibidor da tripsina causa un atraso no crecemento así como doenzas dixestivas. Ademais, a hipertrofia pancreática é común cando se toma o inhibidor da tripsina A presenza de inhibidor da tripsina nun produto alimenticio reduce a eficiencia desta proteína e, por tanto, resulta nunha incapacidade do corpo de utilizar como nutrientes as proteínas de forma completa e eficiente.

Función O inhibidor da tripsina está presente en varios alimentos de orixe vexetal, como a soia, cereais e varios legumes. A principal función dos inhibidores da tripsina nestas plantas é actuar como mecanismo de defensa. Ao teren algunhas plantas este compoñente daniño, os animais silvestres aprenden que os alimentos que conteñen inhibidor da tripsina deben evitarse. O inhibidor da tripsina pode ser tamén esencial para procesos biolóxicos dentro da planta.

O inhibidor da tripsina pode aparecer de forma natural no páncreas de especies de bovinos e doutros animais. A súa función é protexer o animal da activación accidental do tripsinóxeno e/ou quimotripsinóxeno.

Inactivación O inhibidor do tripsinóxeno é lábil á calor, por tanto, expoñendo os alimentos que o conteñen á calor, elimínase o inhibidor e o alimento é san para comer. Ferver a soia durante 14 minutos inactiva aproximadamente o 80 % do inhibidor, e durante 30 minutos, aproximadamente o 90 %. A maiores temperaturas, por exemplo, en ola a presión, é necesario menos tempo de cocción. Pode utilizarse o test ELISA para medir o grao de desactivación atinxido.

Aplicacións industriais A principal aplicación do inhibidor da tripsina é a alimentación do gando. A soia é un ingrediente común na alimentación do gando vacún e o inhibidor da tripsina que contén pode ser unha preocupación para os gandeiros. A maioría da soia usada como alimento para o gando é convertida en fariña/penso de soia e durante ese proceso o inhibidor da tripsina queda eliminado debido ao tratamento con calor. Porén, fixéronse experimentos en animais que consumiron inhibidor da tripsina activo e consistentemente os animais perderon peso. +Principais fontes comerciaisFonteInhibidorPeso molecularPoder inhibitorioDetalles Plasma sanguíneoα1-antitripsina 52 kDa Tamén coñecida como inhibidor da tripsina séricaPhaseolus lunatus8–10 kDa2,2 veces o pesoUnha mestura de diferentes inhibidoresPáncreas e pulmóns bovinosAprotinina6,5 kDa2,5 veces o pesoTamén coñecido como BPTI (inhibidor da tripsina pancreático básico) e inhibidor de Kunitz. Máis coñecido como inhibidor pancreático. Inhibe varias serina proteasesClara de ovo de ave crúaOvomucina8–10 kDa1,2 veces o pesoOs ovomucoides son unha mestura de varias glicoproteínas inhibidoras de proteases Soia20,7–22,3 kDa1,2 veces o pesoUnha mestura de varios inhibidores. Tamén se unen á quimotripsina en menor grao.

Un estudo de 2010 revelou que in inhibidor das proteases dos ovos do caracol de auga doce Pomacea canaliculata, que interacciona como un inhibidor da tripsina coa protease de posibles predadores, era a primeira evidencia directa deste mecanismo no reino animal.Dreon M. S., Ituarte S. & Heras H. (2010). "The Role of the Proteinase Inhibitor Ovorubin in Apple Snail Eggs Resembles Plant Embryo Defense against Predation". PLoS ONE 5(12): e15059. .

Importancia clínica O péptido inhibidor da tripsina asociado a tumores (TATI, do inglés tumor-associated trypsin inhibitor) utilizouse como marcador do carcinoma ovárico mucinoso, do carcinoma urotelial e do carcinoma de células renais. O TATI metabolízano os riles e está elevado en pacientes con insuficiencia renal. Pode estar elevado en procesos non neoplásticos como a pancreatite e pode utilizarse como un marcador prognóstico neses casos (os niveis por riba de 70 microgramos/L están asociados cun mal prognóstico).

O 50 % dos carcinomas mucinosos en estadio I están asociados cun TATI elevado, e case o 100 % deses tumores en estadio IV teñen o TATI elevado.

Do 80 % ao 95 % dos adenocarcinomas pancreáticos están asociados cun incremento do TATI (pero a elevación na pancreatite limita a utilidade clínica do TATI nestes casos; ver máis arriba).

O 60 % dos adenocarcinomas gástricos mostran un TATI elevado, en concreto os tumores de tipo difusamente infiltrante/anel de selo. O TATI complementa o CEA, que está elevado exclusivamente no carcinoma de tipo intestinal de estómago.

No carcinoma urotelial, a expresión do TATI varía co estadio, e vai de 20 % en tumores de estadio baixo ao 80 % nos de estadio alto.

A sensibilidade ao TATI en casos de carcinoma de célula renal é de aproximadamente o 70 %. Un TATI elevado é máis probable que apareza en pacientes nun estadio avanzado da doenza.

En case todos os tipos de tumores estudados, o TATI é un marcador que indica mal prognóstico.De Mais, Daniel. ASCP Quick Compendium of Clinical Pathology, 2ª Ed. ASCP Press 2009.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Jones et al., Biochem., 2, 66, (1963) Lineweaver and Murray JBC, 171, 565 (1947) Kunitz and Northrop J. Gen. Physiol., 19, 991 (1936) Fraenkel-Conrat, et al., Arch. Biochem. Biophys., 37, 393 (1952) Frattali, V., and Steiner, R.: Biochem., 7, 521 (1968)

Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases Categoría:Inhibidores encimáticos