O aeródromo de Guitiriz foi un aeródromo situado ao sur da vila de Guitiriz. Construíuse nunhas terras expropiadas ao comezo da guerra civil. En 1942, fíxose unha nova explanación mais foi abandonado na década de 1960, desafectándose definitivamente en 1967. Sospéitase que avións da Luftwaffe procedentes deste aeródromo atacaron avións dos aliados que estaban atacando submarinos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Durante a súa existencia foi un aeródromo militar e chegou a ser aeroporto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aeroportos de Galicia

Guitiriz Categoría:Guitiriz