miniatura|250px|Unha captura de pantalla do patch que se usa nun kernel de Linux. Un patch ou parche, son datos para modificar un recurso de software existente, como un programa ou un ficheiro, a miúdo para corrixir erros e vulnerabilidades de seguridade, engadir funcionalidades, actualizalas, etc. Aplicar un patch é tamén o proceso de aplicar os datos ao recurso existente. Un patch pode crearse para mellorar a funcionalidade, a usabilidade ou o rendemento. Un patch pode crearse manualmente, pero normalmente créase mediante unha ferramenta que compara dúas versións do recurso e xera datos que se poden usar para transformar unha na outra.

A orixe do nome probablemente se deba á utilidade de Unix chamada patch creada por Larry Wall.

Xestión de patches de seguridade A "xestión de patches de seguridade" ten como obxectivo equilibrar os intereses da institución que mantén o funcionamento dun software coas súas actualizacións de seguridade. Neste sentido, a xestión de patches prioriza as vulnerabilidades críticas do servidor e busca resolvelas, xa que, para as empresas tecnolóxicas, non é eficiente resolver todos os problemas do sistema ao mesmo tempo. Polo tanto, as actualizacións arranxan problemas graves e monitorizan a seguridade do programa en cuestión, mesmo se o patch non resolve completamente todos os erros.

Ademais, é interesante que, neste proceso de xestión, a automatización sexa unha ferramenta empregada para mellorar a produtividade da empresa á hora de aplicar patches aos ordenadores dos usuarios.

Notas

Categoría:Mantemento de soporte lóxico