Antímaco de Teos (en latín Antimachus, en grego antigo Ἀντίμαχος) foi un poeta épico grego, nado en Teos. Traxectoria Segundo Plutarco, Antímaco observara unha eclipse solar no ano -753, o mesmo ano en que se fundou RomaPlutarco. Vidas paralelas: Rómulo, II, 12.2.. É posíbel que escribise un poema épico titulado Tebaida e outra obra titulada Epígonos, unha continuación da lenda tebana, que algúns autores parecen atribuírlleVer Scholia on Aristophanes, Peace, 1270.. Non obstante, é posíbel unha confusión co poeta moito máis tardío Antímaco de Claros (c. -400), que escribiu un poema chamado Tebaida (Θηβἀἷς). Clemente de Alexandría menciona algúns versos hexámetros deste poeta que, segundo el, foron imitados por Haxias2.Antimachus of Theos en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 191..
Edicións críticas Kinkel, G. Epicorum Graecorum fragmenta. Vol. 1, 1877. Allen, T.W.. Homeri opera. Tomus V: Hymni, Cyclus, Fragmenta, Margites, Batrachomyomachia, Vitae, 1912. ISBN 0-19-814534-9. Bernabé, A. Poetae epici Graecae. pars i, 1988. ISBN 978-3-598-71706-2. Davies, M. Epicorum Graecorum fragmenta, 1988. ISBN 978-3-525-25747-0.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Davies, M. Greek Epic Cycle, 1989. ISBN 978-1853990397. .
categoría:escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -VIII Categoría:Finados no século -VIII Categoría:Personalidades de Teos na Antigüidade Categoría:Poetas de Grecia