20 francosXogos Mediterráneos"20 francs Jeux méditerranéens". Fr.numista.com135x135px135x135pxA/: Torre de Constance en Aigues-Mortes. Marca de gravador (PONCE·BUQUOY). Lenda: RÉPUBLIQUE FRANÇAISER/: Valor facial rodeado por pólas e ondas. Data Lenda: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ / JEUX MEDITERRANEENS Período: 5ª República Francesa. Datas: 1993 Desmonetizada: 17 de febreiro de 2005. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: A/: Daniel Ponce. R/: Gérard Buquoy. Tiraxe total: 5.000.011 exemplares (+1.850 en proba). Metal: trimetálica (Cu, Al, Ni). Diámetro: 27,00 mm. Peso: 9,00 g. Espesor: 2,23 mm. Canto: estriado.
A moeda de 20 francos Xogos Mediterráneos é unha moeda co valor facial de 20 francos franceses emitida en 1993 en conmemoración dos Xogos Mediterráneos, celebrados ese ano en Languedoc-Rosellón entre o 16 e o 27 de xuño.
Caracterización
Composición A moeda, emitida para a súa posta en circulación ordinaria, ten unha composición trimetálica. O seu centro e o aro exterior compóñense dunha aliaxe de cobre, aluminio e níquel, en tanto que o aro intermedio é de níquel. A composición total da moeda é: 920 ‰ de cobre, 60 ‰ de aluminio e 20 ‰ de níquel.
Deseño Do deseño do anverso encargouse o gravador da Monnaie de Paris Daniel Ponce, que creou unha representación da Torre de Constance na vila de Aigues Mortes, coa inscrición REPUBLIQUE FRANÇAISE na parte superior.
O reverso foi creado por Gérard Buquoy, e amosa o valor facial sobre unhas ondas e rodeado de pólas de loureiro. Na parte central hai unha banda ondulada coa inscrición JEUX MEDITERRANEENS, e na parte superior da moeda o lema nacional francés LIBERTE • EGALITE • FRATERNITE. No exergo a data está cortada polo emblema dos Xogos do Mediterráneo.
Tiraxe A moeda cuñouse na Monnaie de Paris e tivo unha tirexe de 5.000.011 exemplares. A maiores, realizouse unha emisión de 1.850 exemplares a modo de proba, que amosan a inscrición ESSAI ("proba") no campo do anverso, á dereita da torre."20 francs Jeux méditerranéens essai". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
Outros artigos
Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 20 francos Monte Saint-Michel Moeda de 20 francos Galo
Ligazóns externas
Cotización da moeda no mercado numismático
Categoría:Moedas de 20 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso