O aeródromo de Sarria, tamén chamado aeródromo de Chá de Santa Marta, foi un aeródromo de uso militar situado na Chá de Santa Marta , no concello de Láncara. A estrada LU-620, de pouco máis de 1 km de lonxitude conecta o aeródromo coa estrada LU-636 que vai de Sarria a Becerreá.

En 1932 o concello de Sarria pagou o acondicionamento do campo de voo, que tiña unha lonxitude de 1 km e entre 700 m e 500 m de largo.

Produciuse alí un accidente mortal o 25 de setembro de 1934.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aeroportos de Galicia Accidentes aéreos en Galicia

Sarria Categoría:Láncara