Daniel Ponce, nado en París o 31 de xaneiro de 1933 e finado en Talence, Xironda, o 30 de setembro de 2017, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas francés.

Traxectoria

Daniel Ponce naceu en París en 1933."Ponce, Daniel Edmond Alexandre". MatchID. Fichier des décès (Deces.matchid.io)."Ponce, Daniel". Biographisches Lexikon der Münzmeister und Wardeine. Ludwig-Maximilians.Universität München (Mintmaster.geschichte.uni-muenchen.de). Cursou a súa educación artística na École Estienne desa cidade, onde se graduou en gravado en aceiro. En 1952, recibiu o premio Cortot."Daniel Ponce 1933-2017". Emile-rousseau.fr Posteriormente completou a súa formación con cursos de música e debuxo.«Daniel Ponce». En Les Graveurs d'acier et la médaille: de l'Antiquité à nos jours. Vol. 1. Musée de la Monnaie. 1971. Páxinas 591-592

Foi mestre gravador na sección de medallas da Monnaie de Paris, á que se incorporou en 1962. Nas instalacións da ceca pública parisiense en Pessac, Ponce realizou as súas principais obras medallas, plaquetas e moedas, entre as que destacan varias emisións conmemorativas francesas como a moeda de 10 francos Conquista do Espazo (1983)"10 francs Conquête de l'Espace". Numista.com e a de 20 francos dos Xogos Mediterráneos (1993), esta última en colaboración con Gérard Buquoy."20 francs Jeux méditerranéens". Numista.com

Daniel Ponce finou o 30 de setembro de 2017 en Gradignan, Xironda, aos 84 anos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

«Daniel Ponce». En Les Graveurs d'acier et la médaille: de l'Antiquité à nos jours. Vol. 1. Musée de la Monnaie. 1971. Páxinas 591-592

Categoría:Nados no departamento da Xironda Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Medallas