10 francosVictor Hugo"10 francs Victor Hugo". Numista.com130x130px130x130pxA/: Libro aberto e escena imaxinaria da obra Os Misserables. Sinatura de Victor Hugo. Valor facial e data. Lenda: REPUBLIQUE FRANÇAISE.R/: Busto de fronte de Victor Hugo. Marca de gravador (C. LESOT) Lenda: VICTOR HUGO / 1885-1985 Período: 5ª República Francesa. Datas: 1985 Desmonetizada: 1 de xullo de 1993. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: Claude Lesot. Tiraxe: 10.000.511 exemplares (mais 1.700 de proba). Aliaxe: Cu 920‰, Ni 60‰, Al 20‰ Diámetro: 26,00 mm. Peso: 10,00 g. Espesor: 2,50 mm. Canto: Liso.

A moeda de 10 francos Victor Hugo é unha moeda co valor facial de 10 francos franceses emitida en 1985 pola Monnaie de Paris para conmemorar o centenario do pasamento do escritor francés Victor Hugo.

Trátase dunha emisión conmemorativa mais con carácter circulante, e comparte a súa métrica coa moeda de 10 francos Mathieu, producida entre 1974 e 1987 para a circulación ordinaria.

Caracterización A composición, as características métricas e os deseños veñen fixados por un decreto do 12 de novembro de 1985."Arrêté du 12 novembre 1985 fixant les caractéristiques dune nouvelle pièce de 10 F en alliage de métaux communs". Legifrance.gouv.fr

Cuñáronse 10.000.511 exemplares desta moeda para a súa posta en circulación e, a maiores, outros 1.700 a modo de proba, coa palabra ESSAI ("proba") impresa no campo do reverso."10 francs Victor Hugo essai". Numista.com

Composición Do mesmo xeito que os 10 francos Mathieu, esta moeda cuñouse nunha aliaxe composta por cobre nun 920‰, níquel nun 60‰ e aluminio nun 20‰.

Deseño O seu deseño correspondeulle ao gravador Claude Lesot. O motivo principal do anverso é unha escena composta por un libro aberto cunha pluma atravesada e unha máscara de teatro antigo —en lembranza da actividade como dramaturgo de Victor Hugo—, xunto con diversos personaxes e elementos extraídos da novela Les Misérables, coa catedral de Notre-Dame de París ao fondo e unha barricada. Na base da escena, a sinatura do autor.

miniatura|Sinatura de Victor Hugo, que aparece no anverso da moeda.|286x286pxPola súa banda, o reverso está protagonizado por un retrato de fronte de Victor Hugo, cunha póla de loureiro á súa dereita, coa lenda VICTOR HUGO 1885-1985. No exergo, baixo o busto, a marca de gravador C. LESOT.

O canto da moeda amosa como inscrición o lema nacional de Francia LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ, cada unha das palabras separadas por unha póla de loureiro, outra de oliveira e unha espiga.miniatura|283x283px|Victor Hugo, cuxo busto se reproduce no reverso da moeda.

Emisións especiais Á parte da versión estándar, destinada á súa posta en circulación, leváronse a cabo dúas emisións especiais desta moeda para coleccionistas e investidores. Unha delas é a denominada piéfort, coa mesma composición e as mesmas características que a emisión ordinaria, mais co dobre de peso (20 gramos) e con maior grosor, e cunha exigua tiraxe de 148 exemplares."10 francs Victor Hugo Piéfort en cupro-nickel-aluminium". Numista.com

Por outra banda, realizouse tamén unha cuñaxe en prata de 900 milésimas da mesma moeda, cunha tiraxe de 20.000 exemplares con acabamento normal,"10 francs Victor Hugo argent brillant universel". Numista.com e de 8.000 cun acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate—."10 francs Victor Hugo Belle épreuve argent". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Léon Gambetta Moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 10 francos Conquista do Espazo Moeda de 10 francos Montesquieu Moeda de 10 francos Roland Garros

Ligazóns externas

Cotización da moeda no mercado numismático

Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Victor Hugo