Ahmed Malek (en ), nado o 6 de marzo de 1931 en Bordj El Kiffan, Alxer e falecido o 24 de xullo do 2008 en El Mouradia, Alxer, foi un músico e compositor alxeriano.

Traxectoria Ahmed Malek naceu o 6 de marzo de 1931 en Bordj El Kiffan, nos suburbios orientais de Alxer.

Deixou a súa familia aos 16 anos para estudar música. Despois de independizarse, converteuse en director de orquestra da RTA (Radio e Televisión Alxeriana). Thom Jurek, « Ahmed Malek », Allmusic. Músico versátil, tocaba o piano e o acordeón, mais o seu instrumento predilecto era a frauta. Compoñía para programas de televisión, documentais e, especialmente, bandas sonoras para películas. Tamén estaba interesado no uso das novas tecnoloxías na música (música asistida por ordenador, sintetizador, etc.), creando así unha conexión entre a música tradicional alxeriana e un estilo máis modernista.Bastien Stisi, « Ahmed Malek : le « Ennio Morricone algérien » raconté par un documentaire », Radio Nova, 18 de xaneiro de 2019. Ahmed Malek tamén participaba anualmente en festivais en Cuba e no festival Printemps de Bourges.

Morreu o 24 de xullo do 2008 na súa casa nas alturas de Alxer, en El Mouradia. Está enterrado no cemiterio de Sidi-M'hamed en Bordj El Kiffan.

En 2016, o selo Habibi Funk lanzou unha recompilación da súa obra para o cine.Jacques Denis, « Ahmed Malek en ligne de mire », Libération, 17 octobre 2016.

Do 22 de xuño ao 31 de xullo de 2019, dedícaselle unha exposición homenaxe, Planète Malek retrospective, no MAMA de Alxer.Latifa Abada, « Ahmed Malek le virtuose », 24H, 21 de xuño do 2020.Nacim Chabani, « Rétrospective consacrée au premier compositeur algérien, Ahmed Malek » , El Watan, 4 de xullo do 2019.

Do 18 ó 22 de xullo do 2021 é realizada unha homenaxe na cinemateca de Alxer que leva por nome Ahmed Malek, l’Ennio Morricone algérien.O. Hind, « Hommage au compositeur Ahmed Malek », L'Expression, 19 de xullo do 2021.

Discografía

1972 : Les vacances de l'inspecteur Tahar, Disques Z 1976 : Aziza, Unité De Disques Du Ministère De L'Information Et De La Culture 1978 : Musique Originale de Films, Ministère De L'information Et De La Culture 1995 : Musique De Films en Algérie, Les artistes arabes associés, Club du disque arabe, AAA 126 2016 : Musique Originale de Films, Habibi Funk 2017 : The Electronic Tapes, Habibi Funk

Filmografía

1972 : Les Vacances de l'inspecteur Tahar de Moussa Haddad 1972 : Le Charbonnier de Mohamed Bouamari 1974 : Massinissa - documental 1974 : Zone interdite de Ahmed Lallem 1974 : El Massoul 1974 : L'Héritage de Mohamed Bouamari 1975 : Les Enfants de novembre de Moussa Haddad 1977 : Omar Gatlato de Merzak Allouache 1977 : Les Déracinés de Lamine Merbah 1977 : Algérie 1977 : Leïla et les autres de Sid Ali Mazif 1977 : Barrières de Ahmed Lallem 1978 : Autopsie d'un complot de Mohamed Slimane Riad 1979 : Les Aventures d'un héros de Merzak Allouache 1980 : Aziza de Abdellatif Ben Ammar 1980 : Le Mariage de Moussa de Mefti Tayeb 1982 : Un toit, une famille de Rabah Laradji 1985 : Combien je vous aime de Azzedine Meddour 1986 : L'Homme qui regardait les fenêtres de Merzak Allouache

Notas

Categoría:Nados en Alxer Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Compositores de Alxeria Categoría:Músicos de Alxeria