Jean Luc Maréchal, nado en Barcelonnette, Alpes da Alta Provenza, o 15 de novembro de 1946, é un mestre gravador da Casa da Moeda de París, autor de diversas medallas e moedas francesas, entre as que destaca a popular moeda de 10 francos Xenio da Liberdade.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Jean Luc Maréchal naceu na localidade de Barcelonnette en 1946. En 1962 iniciou a súa formación artística na escola Boulle, onde se graduou en 1966, na especialidade de gravado en aceiro, con mestres como Eugène Cannée e Pierre Mignot.Bahamon, F. D. (2022). Páxina 4."Jean-Luc Maréchal, élève graveur de 1962 à 1966, promotion 76". en Hommage à Pierre Mignot, professeur de gravure sur acier à l'école Boulle. Nicolas-salagnac.com"Listes des anciens élèves et promotions de l’école Boulle depuis sa création en 1886". Nicolas-salagnac.com
Co fin de perfeccionar os seus coñecementos, logo da súa graduación traballou en diferentes empresas en Lión e en Bourg-en-Bresse, e en 1972 asociouse cun antigo compañeiro de estudos, Georges Bergevin, como artesán gravador ata 1977.
Traballo na Casa da Moeda de París En 1977, Maréchal ingresou como gravador na Monnaie de Paris, logo de se informar de que o daquela gravador xeral de moedas, Émile Rousseau, precisaba persoal co seu perfil para os talleres de gravado. Logo de participar nas probas de acceso á institución, xunto a outros oito candidatos, resultou escollido e ingresou na casa da moeda o 23 de maio dese ano. Maréchal ficou vinculado profesionalmente á ceca pública francesa ata a súa xubilación o 15 de novembro de 2006.Bahamon, F. D. (2022). Páxinas 6-7."Départ a la retraite de Jean-Luc Maréchal". Club Photo e la Monnaie de Paris (Uscmphoto.canalblog.com).
Ao longo das case tres décadas de traballo na Monnaie de Paris, Maréchal foi autor dun bo número de medallas e de moedas conmemorativas, tanto do sistema do franco como do do euro,"Jean-Luc Maréchal". Numista.com aínda que as dúas pezas que lle reportaron máis popularidade foron dúas de circulación ordinaria que resultaron moi habituais nos petos dos franceses antes da introdución do euro: a moeda de 10 francos Xenio da Liberdade, que se cuñou entre 1988 e 2001,"10 francs Génie de la Liberté". Numista.comBahamon, F. D. (2022). Páxinas 10-14. e a de 20 francos Monte Saint-Michel, producida entre 1992 e 2001."20 francs Mont Saint Michel". Fr.numista.com
Outras actividades Maréchal foi moi afeccionado ao cicloturismo e sentiuse sempre moi atraído por Romanía, un país que visitou máis dunha trintena de veces. A unión destes dous intereses levouno a publicar dous libros: Roumanie si proche et si lointaine ("Romanía tan preto e tan lonxe"), en 1992, e Roumanie 96. Quatre cyclos deux clubs et un Jumelage ("Romanía 96. Catro ciclistas, dous clubs e un irmandamento"), en 1996."Maréchal, Jean Luc". En Biblio-cycles d'Hervé Le Cahain et Jean-Yves Mounier (Biblio-cyclesdephilippeorgebin.hautetfort.com). 9 de marzo de 2023.
Ademais, Jean Luc Maréchal interésase pola historia local, no marco do Centro de Estudos Cluniacenses, da cidade de Cluny, ao que pertence."Expolorer le Cluny médiéval". En Le Journal de Saône-et-Loire. 7 de maio de 2012. En 2023 publicou un libro titulado De Saint-Paul-sur-Ubaye à Cluny.
Maréchal é tamén o coordinador dun grupo en Facebook dedicado á difusión das biografías de gravadores de moedas pouco coñecidos, chamado Les méconnus de la numismatique ("Os descoñecidos da numismática"."Jean Luc Maréchal et le groupe Facebook « Les inconnus de la numismatique »". En numismag.com. 16 de xaneiro de 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Bahamon, F. D. (2022). "Entrevista al maestro grabador Jean Luc Maréchal". En Revista El Tinto Numismático. Fundación Museo Internacional de la Moneda. Vol. II. Nº 1. Páxinas 4-13.
Ligazóns externas
Perfil en Facebook de Jean Luc Maréchal Grupo en Facebook: "Les méconnus de la numismatique"
Categoría:Nados no departamento de Alpes da Alta Provenza Categoría:Nados en 1946 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas