miniatura|Miranda Fricker A inxustiza epistémica refírese ás inxustizas relacionadas con aspectos do coñecemento (epistemoloxía), como se comunica e como se entende. O termo foi acuñado pola filósofa Miranda Fricker en 2007, pero o seu significado evolucionou desde entón, e as orixes do concepto atópanse en debates sobre a opresión, o poder e o coñecemento que son anteriores á cuñaxe do termo.
No libro Epistemic Injustice: Power and the Ethics of Knowing (Inxustiza epistémica: poder e ética do saber) publicado en 2007, Fricker define dous tipos de inxustiza epistémica: a inxustiza testemuñal e a inxustiza hermenéutica. Segundo Fricker, a inxustiza testemuñal prodúcese cando se ignora o coñecemento dunha persoa ou se cuestiona a súa credibilidade debido a prexuízos derivados da súa pertenza a un determinado grupo social (como ser muller ou persoa de cor). A inxustiza hermenéutica, pola contra, prodúcese cando a experiencia dunha persoa non é comprendida (por ela mesma ou por outros) porque non hai ningún concepto dispoñible que poida identificar ou explicar adecuadamente esa experiencia.
Notas
Categoría:Epistemoloxía