Georges Mathieu, nado en Boulogne-sur-Mer o 27 de xaneiro de 1921 e finado en Boulogne-Billancourt o 10 de xuño de 2012, foi un pintor, teórico da arte, escritor e deseñador de moedas e de selos francés.
Mathieu está considerado un dos pais da abstracción lírica europea.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Georges Mathieu naceu o 27 de xaneiro de 1912 na localidade francesa de Boulogne-sur-Mer,"Georges Mathieu". Académie des beaux-arts (Academiedesbeauxarts.fr)."Biographie". Georges-mathieu.fr"Georges Mathieu". Findagrave.com fillo de Madeleine Durpé e de Adolphe Georges Mathieu, director dunha oficina bancaria, con quen aprendeu os rudimentos do debuxo."Mathieu, Georges (1921-2012)". Ateneo de Madrid (Ateneodemadrid.com).
Cursou os seus primeiros estudos en Boulogne-sur-Mer e o ensino secundario no Licée Hoche de Versalles. Posteriormente cursou estudos superiores de Filosofía e Letras e de Dereito na Universidade de Lille, onde acadou a súa graduación en Filoloxía Inglesa en 1941. Esta formación permitiulle dedicarse ao ensino do inglés —nun instituto de secundaria en Douai e na Universidade Americana de Biarritz, que compaxinou con outros labores, como o de tradutor para o exército estadounidense.
Traxectoria artística Mathieu iniciouse na pintura ao óleo en 1942, e dous anos máis tarde comezou a definir o seu propio enfoque artístico, decantándose pola pintura xestual. Foi o primeiro artista da época en Francia en situarse contra a abstracción xeométrica. En 1946 celebrou a súa primeira exposición no Salón dos Menores de Trinta Anos, en París.
A partir de 1947 organizou unha serie de eventos en favor dunha arte liberada das restricións e das convención clásicas, que denominou "abstracción lírica", un movemento do que se converteu no seu máximo expoñente. No mesmo ano, expuxo tres obras no Salón das Novas Realidades, en París.
O mesmo 1947 trasladouse a esa cidade, onde traballou encargándose das relacións públicas da liña Nova York-Le Havre da compañía United States Lines, o que lle permitiu tomar contacto con clientes de prestixio, entre eles Salvador Dalí. Nesta compañía tamén foi redactor xefe da revista United States Lines Paris Revue entre 1953 e 1963.
Mathieu fundou o grupo L’Imaginaire e promoveu a abstracción lírica, coa realización de varias exposicións de gran relevancia, como a que en 1948 lle achegou ao público francés a abstracción americana de Jackson Pollock e de Alton Tobey. En 1950 creou as súas primeiras pinturas tachistas e comezou a titular as súas obras con motivos inspirados na historia de Francia. O ano seguinte, realizou unha viaxe formativa a Positano, Italia, onde explorou as conexións entre a teoría da Gestalt e a abstracción lírica. En 1952 pintou os seus primeiros cadros de gran formato. miniatura|Logotipo de Antenne 2, deseñado por Mathieu en 1975. A partir de 1957 realizou diversas viaxes ao Xapón, aos Estados Unidos, Brasil, Arxentina, o Líbano e Israel. En 1959, comezaron as retrospectivas da súa obra; en museos de Colonia, Basilea, Neuchâtel, Xenebra e outras cidades europeas; na celebrada en 1978 no Grand Palais, destacaron sete cadros de seis metros de ancho creados especificamente para a ocasión. En total, foron máis de 150 as exposicións individuais celebradas en todo o mundo, ao longo da súa traxectoria artística.
Ademais da súa dedicación á pintura, Mathieu cultivou tamén outras disciplinas artísticas, como a arquitectura, a artesanía, a moblaxe, os tapices, as artes decorativas e o deseño. Entre outros, foi o autor do deseño do logotipo da canle de televisión francesa Antenne 2 en 1975, que estivo vixente ata 1983. En 1967 deseñou tamén unha serie de carteis para a compañía aérea Air France,"Carteles de Air France". Georges-mathieu.fr para a promoción de diferentes destinos turísticos.Prudhomme, J. (2013). "Georges Mathieu, un peintre hors du commun...". Revue. Club Philatélique Sénonais. Nº 71. Páxinas 4-7.
Un dos traballos que lle proporcionou máis celebridade ante o gran público foi o seu deseño da moeda de 10 francos cuñada pola Monnaie de Paris entre 1974 e 1987, que foi moi habitual nos petos dos francesas, o que fixo que fose coñecida como "10 francos mathieu". No campo do anverso pódese apreciar a súa sinatura, á esquerda do mapa de Francia."10 francs Mathieu". Numista.com Ademais desta moeda, Mathieu é autor de diversas medallas conmemorativas.
Dous deseños de Mathieu serviron como motivo central de catro selos de correos. Dous deles son os emitidos para Francia, un co gallo da exposición Arphila 75 (1974) e o outro dedicado a Charles de Gaulle (1980); un terceiro para as Terras Austrais e Antárticas Francesas (1982) e, finalmente, outro para a oficina de Xenebra das Nacións Unidas (1987).
Ademais da súa actividade artística como creador, foi un promotor de cursos obrigatorios de arte nos centros educativos. De feito, en 1976 foi administrador da Sociedade para o Fomento das Artes e os Oficios, e membro da Comisión para a Reforma da Educación Artística, do Ministerio de Educación francés, e en 1980 presentou, xunto con Pierre Dehaye, un proxecto para reformar a educación cultural en Francia, aínda que non chegou a levarse á práctica por mor da falta de financiamento.miniatura|Placa dedicada a Georges Methieu na súa cidade de nacemento.En recoñecemento á súa traxectoria artística, Mathieu foi recoñecido como Cabaleiro da Lexión de Honra, como Comendador das Artes e das Letras, e como Oficial da Orde da Coroa, de Bélxica (1982). Tamén foi elixido, o 7 de maio de 1975, membro da Academia de Belas Artes de París, na que ocupou o posto sete da sección de pintura.
Vida persoal Georges Mathieu estivo casado con Adélaïde de Boisserée.
O 10 de xuño de 2012 finou en Boulogne-Billancourt aos 91 anos, e foi soterrado no cemiterio de Montmartre."Mathieu Georges (1921-2012)". Cimetières de France et d'ailleurs (Landrucimetieres.fr).
Publicacións Esta é unha escolma das publicacións realizadas por Georges Mathieu ao longo da súa traxectoria."Principaux écrits de Georges Mathieu". Georges-mathieu.fr
1959: De l’abstrait au possible. Cercle d’Art Contemporain. 1963: Au-delà du Tachisme. René Julliard, París. 1967: Le Privilège d’être. Robert Morel, París. 1973: De la révolte à la renaissance. Gallimard, París. ISBN 978-2070352791 1975: La Réponse de l’Abstraction lyrique. La Table Ronde, París. ISBN 978-2710316145 1976: Notice sur la vie et les travaux d’Alfred Giess. Institut de France, París. 1984: L’Abstraction prophétique. Gallimard, París. ISBN 978-2070354757. 1997: Le Massacre de la sensibilité. Odilon Média, Paris. ISBN 978-2842130176 1998: Désormais seul en face de Dieu. l’Age de l’Homme. ISBN 978-2825111444
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Jaimé, J. (2005). L'Aventure prométhéenne de Georges Mathieu., Garde-Temps, París. ISBN 978-2-913545-42-7 Grainville, P.; Xuriguera, G. (1992). Mathieu. Nouvelles éditions françaises. ISBN 9782707900333 Harambourg, L. (2002). Georges Mathieu. Ides et Calendes. ISBN 978-2825801673
Ligazóns externas
Sitio web oficial Audio: "Olladas á pintura de Georges Mathieu: entre a brillantez e a intuición" Vídeo: "Georges Mathieu, o mestre das poxas: abstracción lírica"
Categoría:Nados no departamento do Paso de Calais Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Arte moderna Categoría:Abstracción Categoría:Filatelia Categoría:Alumnos da Universidade de Lille Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts