Aegagropila linnaei é unha especie de alga verde filamentosa de auga doce que se presenta en tres formas de crecemento: como céspede, como penacho ou como bóla flotante. Aparece en lagos que se conxelan no inverno en todo o hemisferio norte. Coñécense casos naturais en Austria, Islandia, Estonia, Ucraína e o Xapón.: Figure 4 Sábese que se forman colonias no Xapón e en Islandia, pero a súa poboación foi diminuíndo.

A forma esférica desta alga tamén se coñece como marimo ou bóla de algas. Nesta forma é unha popular planta de acuario. Os seus sinónimos son Cladophora aegagropila, Conferva aegagropila segundo Linné, Cladophora linnaei segundo Kützing ou Cladophora sauteri segundo Nees.

Nomes A forma esférica de Aegagropila linnaei tamén se coñece como “bóla de brión”, “bóla de algas” e “bóla de masa mariña”. No Xapón chámaselle “Marimo” (en xaponés: 毬藻).

En Islandia, os pescadores do lago Mývatn deron ás bólas o nome de kúluskítur (kúla = bóla. skítur = calquera tipo de alga que queda atrapada nas redes de pesca).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Nagasawa, S., Wakana, I. and Nagao, M. 1994. Mathematical characterization of photosynthetic and respiratory property regarding the size of Marimo's aggregation. Marimo Research 3:16–25. Yoshida, T., Nagao, M., Wakana, I. and Yokohama, Y. 1994. Photosynthetic and respiratory property in the large size spherical aggregations of "Marimo". Marimo Research 3:1–11. Yoshida, T., Horiguchi, T., Nagao, M., Wakana, I. and Yokohama, Y. 1998. Ultrastructural study of chloroplasts of inner layer cells of a spherical aggregation of "Marimo" (Chlorophyta) and structural changes seen in organelles after exposing to light. Marimo Research 7:1–13. Wakana, I. 1992. A bibliography relating to "Marimo" and their habitats. Marimo Research 1:1–12.

Categoría:Viridiplantae Categoría:Plantas descritas en 1843