O galo cisalpino é unha lingua celta continental falada na Galia Cisalpina. É coñecida polas inscricións, frecuentemente combinadas co lepóntico. Aínda que é posible que os lepónticos fosen autóctonos do norte de Italia dende finais do II milenio a. C., sábese por fontes antigas que os galos invadiron as rexións ao norte do río Po en varias ondas dende o século V a. C. Ao parecer, tomaron a arte da escritura dos lepónticos, incluíndo algunhas das peculiaridades ortográficas. Hai 20 inscricións galas cisalpinas, cinco delas máis longas ca unha ou dúas palabras. As inscricións proceden en gran parte da zona ao sur dos lepónticos.
Existe un debate aberto sobre se o galo cisalpino é un dialecto do galo (por exemplo, Schumacher 2004), ou unha continuación histórica ou dialectal do lepóntico (por exemplo, Eska 2010). Neste último caso, o termo celta cisalpino refírese aos dous xuntos, en contraste co celta transalpino (tradicionalmente galo transalpino) para a lingua celta do outro lado dos Alpes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua lepóntica Lingua gala Bibliografía Stifter, D. 2020. Cisalpine Celtic. Language, Writing, Epigraphy. Aelaw Booklet 8. Zaragoza: Prensas da Universidade de Zaragoza. Stifter, D. 2020. «Cisalpine Celtic», Palaeohispanica 20: 335-365.
Categoría:Linguas mortas de Europa Categoría:Linguas celtas continentais